|
|||
|
|||
|
|||
De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, comunicamos: Este centro esta adscrito ao IES Rego de Trabe. As familias que desexen que os/as seus/súas fillos/as continúen a súa formación nese IES deberán presentar, entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos, a solicitude (anexo I-código ED550A) debidamente cuberta no centro ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). As listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, poden consultarse no centro. O alumnado de 6º curso que non faga a reserva de praza no IES Rego de Trabe no prazo establecido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no Instituto que desexen, do 1 ao 20 de MARZO, o anexo II da Orde. |
|||
|
|||
O mércores, o alumnado de 4º recibiu a visita da odontóloga Ana para aprender moitísimo sobre a hixiene bucal.
|
|||
Unha tarde repleta de creatividade e compañeirismo. Grazas a todos e todas por asistir e axudar ao alumnado de 6º. |
|||
|
|||
O alumnado de 6º de EP en colaboración co equipo docente, coa finalidade de recadar fondos para a súa viaxe a Madrid, deseñou e impartirá TALLERES CREATIVOS, o mércores 20 de decembro no centro, para aqueles compañeiros/as que previamente se inscriban. Espéranvos para aprender xuntos; mentras lles axudedes, cun donativo, a realizar a súa viaxe de fin de etapa. PASARÉMOLO XENIAL!!! |
|||
No mes de novembro, o alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria comezou unha actividade baseada na MILLA diaria que consiste en percorrer esta distancia camiñando ou correndo ao aire libre. Así, buscamos mellorar principalmente o noso benestar físico e emocional. Ademáis, os días de chuvia preparamos un circuito no patio cuberto no que alternamos a carreira con actividades de trepa e iniciación á escalada. A milla escolar contribúe a mellorar a competencia motriz do noso alumnado, a crear hábitos de vida activa e saudable e a incrementar o tempo de práctica de actividade física de calidade durante a estadía da rapazada no noso centro. Parabéns polo voso esforzo!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »