Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

FELIZ CURSO 2023-2024

Instrucións cumprimentación autodeclaración comedor escolar

Segundo a Instrución 3/2023, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024,

Achéganse as instrucións para a cumprimentación e o modelo de autodeclaración para o pagamento das tarifas do COMEDOR ESCOLAR (preme aquí)

Poderase entregar por correo electrónico ata o 1 de setembro ou na secretaría do centro presencialmente, dende o 5 ao 14 de xullo ou 1 de setembro.

REVISTA ESCOLAR PUNTO E COMA 2023

Xa está connosco a Revista Escolar PUNTO E COMA 2023! Sorriso

Aproveitamos para lembrarvos que para estar ao tanto das últimas novas nas actividades do

Equipo de Dinamización da Lingua Galega,

podedes visitar o blog HABELAS HAINAS 7.0 no seguinte enlace:

http://sofiacasanovaculleredo.blogspot.com.es/

PUNTO E COMA 2023

FELIZ VERÁN! Guay

MATRÍCULA PARA A ESO NO IES REGO DE TRABE

Debido ao solapamento das datas de entregas de notas coas datas de matrícula, o equipo directivo do IES Rego de Trabe decidiu facer uns cambios, aos que se poden acceder no enlace que figura ao final desta mensaxe.

O día 27 segundo vaian entregando os boletíns e certificacións académicas, xa poden ir polo IES a matricularse e o día 28 todo o alumnado restante.

Non se recollerán sobres de matrícula aos que lle falten algunha da documentación solicitada.

Desculpen as molestias.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NO IES REGO DE TRABE

INFORMACIÓN FINAL DE CURSO

POBO AVENTURA DE 3º E 4º

Día de Museos

 O martes 9 de maio, o alumnado de 5º de primaria gozou dunha xornada dedicada a visitar a DOMUS e o Museo de Belas Artes.

Preme na imaxe para ver pequenos intres.

XADREZ NO SOFÍA

HAZ DE LUZ. TALLER FAMILIAR

O mércores 31 de maio puidemos gozar dunha tarde máxica e relaxante co obradoiro HAZ DE LUZ realizado por AKRÉ, ESPACIO EDUCATIVO.

Preme na imaxe para ver o pequenos intres.

FONDO SOLIDADRIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Publicados tanto a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 como recollen os seguintes aspectos:

Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.

Prazo de solicitude: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

Presentar os impresos de solicitude e documentación complementaria especificada a continuación:

1. Anexo I e Anexo II

2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Distribuir contido