O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar pola PAZ. Nesta ocasión realizamos a carreira solidaria KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE de SAVE THE CHILDREN. O importe recadado coas doazóns realizadas polas familias ascende a 849,90 euros, que foron transferidos a dita ONG. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! Podedes ver as fotos deste día accedendo á GALERÍA. |
|||
A partir de hoxe, 16 de xaneiro, ata o 6 de febreiro, comeza o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. Tedes toda a información na páxina da Consellería, premendo AQUÍ. A primeira parte do proceso é a de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o IES ao que estamos adscritos, no noso caso, o IES Rego de Trabe. O prazo de presentación de solicitudes de reserva (segundo os modelos ED550A e ED550Abis) comprende entre os días 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos inclusive. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar solicitudes presencialmente no noso centro docente (en horario de Administración de 9:00 a 13:30 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A segunda parte do proceso é a de admisión de alumnado novo no noso centro. O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2023, ambos inclusive. Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude. |
|||
A última xornada lectiva do trimestre tivo un aire festivo. A ANPA tramitou a visita dos Reis Magos e Papá Noel a todo o alumnado.
Logo do recreo, xuntámosnos no pavillón. Preme AQUÍ para ver o vídeo que introduciu a festa, cuns intres do 2022. A continuación, comemos as uvas (ou o escollido por cada neno e nena) ao ritmo das 12 BADALADAS. Algúns profes actuaron cun BAILE para todos os nosos nenos e nenas. Tamén cantamos unha PANXOLIÑA adaptada dunha canción de The Beatles todos xuntos. Para coller forzas antes do baile libre degustamos un rico CHOCOLATE CON DOUS CHURROS. Proximamente, máis fotos na Galería
|
|||
A NOSA BIBLIO ESTÁ DE NORABOA!!
A Secretaría de Estado de Educación, pola que se conceden os Premios Clubes de Lectura Escolares correspondientes ao curso 2021-2022, ven de concederlle ao Clube de Lectura do Bufolector un dos segundos premios. Preme o enlace para ver a entrega aos premiados AQUÍ. |
|||
Cada persoa ten as súas propias capacidades e limitacións e, baixo esta premisa, traballamos conceptos como a inclusión para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, para nós, a partir de agora, SUPERNENOS E SUPERNENAS. |
|||
|
|||
Ademáis de traballar a concienciación CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO nas aulas, preparamos un baile ben chulo para facelo todos xuntos coa canción "Yo no renuncio", de Rozalén. Preme na imaxe para ver o vídeo e... baila con nós contra a violencia de xénero!! |
|||
Hoxe, luns 14 de novembro, celebramos o MAGOSTO no cole. Dous castañeiros asaron e repartiron as castañas ben quentiñas. Logo, xogamos a diversos xogos tradicionais para axudar a facer a dixestión. |
|||
De acordo coa resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 30 de setembro de 2022) a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar. - Candidatura das familias do alumnado. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »