FONDO SOLIDADRIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Publicados tanto a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 como recollen os seguintes aspectos:

Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.

Prazo de solicitude: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

Presentar os impresos de solicitude e documentación complementaria especificada a continuación:

1. Anexo I e Anexo II

2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.