Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

TIRO Á CORDA-Proxecto de Vida activa e Deportiva

O noso centro continua promovendo a participación do noso alumnado en actividades físicas relacionadas cos xogos populares e os deportes tradicionais.

Parte do noso alumnado, 3º 4º 5º e 6º de Primaria, está a desenvolver un Campionato de Tiro a corda no seu tempo de lecer.

Fomentar o uso activo do tempo de lecer na escola e mellorar a competencia motriz do alumnado son obxectivos que forman parte do noso Proxecto de Vida activa e Deportiva.

 

 

TEATRO: PASANDO A BÓLA

Visitounos A Xanela do Maxín coa actividade PASANDO A BÓLA

 

 

 

VISITA AO OBSERVATORIO DE CRENDES

O alumnado de 6º de primaria realizou unha visita ao encoro de Cecebre e ao observatorio de aves de Crendes; dentro do proxecto COAWA no que participan.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No día mundial da poesía o alumnado recitou fermosas poesías en distintas linguas: galego, inglés, árabe, portugués...

Resultando unha interesante xornada de aprendizaxe que se amosa premendo na imaxe.

 

FINAL DE: "A AUGA NON PARA"

O Sofía Casanova está de parabéns.

Marcelo, Mateo, Anxo e Iker o equipo azul de 6º de primaria-A, acudiron á final da actividade A AUGA NON PARA, que tivo lugar na Casa da Auga de A Coruña, quedando no primeiro posto.

Parabéns a todos os equipos participantes.

VISITA DE ANTONIO MANUEL FRAGA

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita do escritor Antonio Manuel Fraga co que comentaron o seu libro PAPÁ CANÍBAL.  

DÍA DA FRANCOFONÍA

O alumnado de 5º de Primaria, o 20 de marzo, conmemorou o DÍA DA FRANCOFONíA; con todo o aprendido ao longo destes meses.

PREME NA IMAXE PARA DESCUBRILO.

 

SAÍDA BELAS ARTES

Os nenos e nenas de infantil visitaron onte a exposición do MUSEO DE BELAS ARTES de A Coruña.

PUNTO LIMPO

O CONSORCIO DAS MARIÑAS facilítanos un PUNTO LIMPO para continuar fomentando na comunidade educativa bos hábitos para o coidado do medio.

SAÍDA AO PAZO DA ÓPERA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desfrutaron o venres do concerto didáctico "La isla de Armonía" ofrecido pola Orquesta Sinfónica de Galicia acompañada do Coro Xoven.

Distribuir contido