A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Dende o Centro Coreográfico Galego veu Juan Carlos Rilo Fraga para impartir a actividade “A gaita na música tradicional galega” para o alumnado de sexto de educación primaria. 

Ademáis de poñer audicións e traballar o ritmo con pitos, palmas, xeonllos... o mestre empregou tres cancións moi coñecidas para cantar mentres tocaba: A Carolina, O sacristán de Coimbra e a popular Rianxeira. Nesta última, foi acompañado por Mateo, para mostrar a diferenza de tocar coa frauta ou coa gaita.

Foi unha verdadeira honra contar coa súa sabedoría. Grazas.