Normativa que regula o proceso de admisión de alumnado: DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2023, ambos inclusive. Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude. Poderase descargar nesta web ou recollelo na conserxería do centro. Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da Consellería competente en materia de educación. A presentación de solicitudes no colexio, do 1 ao 20 de marzo, en horario de mañá.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN - Modelo de solicitude. - Acreditación da idade do alumno/a: DNI, pasaporte, libro de familia (hai que traer orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas)... - Certificado de matrícula, no caso de estar xa escolarizado/a. Este certificado pídese no centro de procedencia. - Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio. - Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias: * Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas) * Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas) * Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial. (A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados). É posible autorizar na propia solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidaderecoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO - O 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles. - O 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes.
PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA * O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro, do 20 ao 30 de xuño
|
|||