MAGOSTO 2023
Obradoiro de pan artesanal para facer o noso propio boliño preñado, xogos populares, comida tradicional, música, e como non, castañas asadas.
Todo perfecto para celebrar o MAGOSTO, excepto, o tempo.
Esperamos que vos gustase a proba de pan que leveron os peques para a casa.
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Este é o programa de experimentos que se propón desde a nosa biblioteca.
Anímádevos a presencialo
PINCHA AQUÍ PARA VER O RESULTADO FINAL
Aquí vos deixamos tamén enlaces para que poidades ver outros experimentos que se realizaron nas aulas. Pincha en cada aula.
AULA DE 1º E 2º | RELIXIÓN | |
AULA DE 5º E 6º |
SAMAÍN 23: PHOTOCALL
Mirade como nos preparamos para a ocasión.
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Preme no título para ver máis. |
NOITE MEIGA 2023
Chega unha nova edición da NOITE MEIGA. O chef Alex Iglesias volverá a acompañarnos para facer un obradoiro de comida terrorífica e despois degustala.
Ademáis teremos o concurso de relatos e debuxos.
Para asistir deberedes recoller as vosas entradas no centro tanto nen@s como adult@s antes do venres 27 ou comunicarnos que as enviemos polo alumnado.
Estades tod@s convidados.
E non te olvides vestirte para a ocasión!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aquí vos deixamos un vídeo resumen da celebración. Agardamos que vos guste.
PINCHA AQUÍ PARA VER OUTRAS ACTIVIDADES QUE SE LEVARON A CABO ESE DÍA.
PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR POR ABALAR
O pagamento deberá ser aboado ata o día 20 do mes seguinte, prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.
Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.
Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.
Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.
VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »