Biblioteca

Contos animados no auditorio

O 14 de maio, o alumnado achegouse ao auditorio para visitar a Manuel Solla e os seus contos animados.

Unha mañá chea de contos, maxia, unha maleta chea de moitos animais e mesmo un violino para conmemorar a semana das letras galegas.

Agradecemos á biblioteca municipal que nos convidase a este espectáculo de animación á lectura.

 

 

 

 

María Victoria Moreno 5º e 6º de Educación Primaria

Bo día!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria prepararon un podcast lendo unha obra de María Victoria Moreno chamado: "Eu conto, ti cantas..."

Esperamos que vos guste tanto como a nós! Ver vídeo AQUÍ

 

María Victoria Moreno 1º-2º

Durante o mes de Marzo, e dentro do proxecto "Donas de si", coñecemos a María Victoria Moreno, escritora e mestra homenaxeada nas Letras Galegas 2018. Lemos na clase o libro "Eu conto, ti cantas" que reúne tres relatos de animais escritos en verso e gustounos moito. Aquí vos deixamos uns debuxos que fixemos despois da lectura.  Esperamos que vos gusten!

Rosalía de Castro para 3º e 4º.

REVISTA DE 3º E 4º SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2017.

Ola, vai chegando o Nadal e dende a Biblio do cole elaboramos a guía de recomendacións lectoras.

Aínda que a levaredes para a casa en formato papel premendo aquí xa lle podedes ir botando unha ollada.

Lembrade que polo Nadal un libro é un bo agasallo.

 

Boas vacacións!!

Émili

a

DÍA DA BIBLIOTECA 2017. ACTIVIDADE "O MEU LIBRO FAVORITO..."

Ola de novo a todos e todas!!

Quero darvos as grazas a todos e todas os que vos ides animando a participar na actividade da Biblioteca "O MEU LIBRO FAVORITO..." e como unha imaxe, ou dúas, vale máis que mil  palabras...

libros do meu libro favorito o meu libro favorito

 

De novo moitas grazas aos e ás que xa estades participando e espero que vos vaiades animando os e as demais.

 

 

Ao final aínda vos animastes bastantes:

libros expostos

E agora, unha vez pasado o día, imos poñer aquí unhas fotos de mostra do acto co que pechamos o DÍA DA BIBLIOTECA.

Pola tarde xuntámonos todos os cursos na Biblioteca e os compañeiros e compañeiras que trouxeron algún libro, e quixeron, foron explicándonos a todos e todas o motivo que os levou a escoller ese libro.

A verdade é que foi moi enriquecedor e os motivos diversos: porque é un libro bonito..., porque ten o meu nome..., foi o meu primeiro libro..., regaloumo..., ten moitos debuxos..., conta unha historia que me gusta moito..., regaláronmo antes de nacer eu... 

Puidemos comprobar que hai libros que só teñen letras, libros que case todo é debuxo..., libros con letra e debuxo ou foto, libros para darlle cor, libros sen letras..., e o que máis nos chamaou a atención a todos foi un libro con aromas!!

 

nenos de infantil nenos e nenas de primeiro e segundo
nenos e nenas de terceiro e cuarto nenos e nenas de quinto e sexto

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS AS PARTICIPANTES!! Aprendemos moito de vós!!

a

Saúdos.

 

 

Émili.

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O SAMAÍN E HALLOWEEN.

Ola!!

Vimos de facer unha pequena selección de fondos da Biblioteca relacionados coa temática do Samaín e Halloween (lembrade que temos unha sección bilingüe na escola). Están expostos na entrada do colexio, non esquezades botarlle unha ollada...

 

libros samaín lecturas samaín
   

 

 Hoxe, 25 de outubro, aquí vos deixo unha pequena reportaxe fotográfica do noso recuncho de lecturas de Samaín e Halloween:

 

alumnado lendo no recuncho alumnado lendo no recuncho
lecturas recuncho samaín lendo no recuncho halloween
lendo

 

Como podedes ver está sendo moi ben acollido polo alumnado. Lembrade que as familias tamén poden participar. 

Saúdos.

miliÉmili.

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA

 

LOGO BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Ola a todos e todas.

O vindeiro 24 de outubro celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Este ano na escola gustaríanos que cada neno ou nena traia o seu LIBRO FAVORITO cunha pequena explicación, dunha extensión máxima da cariña dun folio, para logo poder poñelo en común con todos os compañeiros e compañeiras.

Os que queiran participar DEBERÁN TRAER OS LIBROS ANTES DO DÍA 24, permanecerán expostos no corredor de entrada ata o venres 27.

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ÉMILIÉmili.

DÍA DO LIBRO 2017

O pasado 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO, tamén coñecido como DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

Como era un domingo, na escola celebramos tan significativo acontecemento o venres 21 e o luns 24.

 

O venres 21 pola tarde, os maiores (5º e 6º), por parellas, contáronnos uns contos no patio do colexio. Os contos elixidos dende a biblioteca foron: A PRINCESA DO CAUREL, PICURRUCHOS, COCORICO, CARABUÑAS e A MELLOR SOPA DO MUNDO.

 

portada da princesa do laurel portada picurruchos
portada cocorocó portada carabuñas
portada de a mellor sopa do mundo

 

 

O mellor, os contacontos: Arantxa e Derech, Aroa e Víctor, Andrés e Adonay, Marta e Didier e Gabriel e Sabela.

 

aranosa e derech aroa e víctor
andrés e adonay marta e didier
sabela e gabriel

 

O luns, Infantil, 1º e 2º realizaron un debuxo sobre o conto que máis lle gustou a cada un/unha:

tres anos debuxando 4 anos debuxando
5 anos debuxando primeiro e segundo 

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º fixeron un resumo do conto que máis lle gustou e explicaron o motivo da súa elección. 

O alumnado de 5º e 6º explicou como organizaron a actividade, as parellas, como decidiron contar o conto, etc.

traballo marta quinto traballo sabela

 

Os nenos e nenas de Infantil, coa profe Mila fixeron a súa versión do conto "Los tres cerditos":

los tres cerditos infantil

 

 

Moitas grazas a todos e todas por participar, de xeito especial aos e ás contacontos que o fixeron XENIAL!!

 

Emili

Powered by Drupal - Design by artinet