Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado  do 1 ao 20 de marzo.

As solicitudes poderán presentarse:

- Presencialmente no centro, acompañadas da fotocopia do DNI ou libro de familia

- Na Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 10:00h a 13:00h, tamén se poden descargar premendo aquí: Solicitude de admisión

 

Normativa de aplicación:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Calendario de aplicación:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

                                                                    VACANTES DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA 2024-2025

CURSO

VACANTES

*EDUCACIÓN INFANTIL 4º-5º-6º

7

*1º EDUCACIÓN PRIMARIA

3

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

5

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

8

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

3

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

5

 

 Vacantes estimadas en base ás permanencias e matrícula actual do centro.

 *3 prazas  están reservadas para alumnado con NEAE, que, no caso de non ser demandadas, pasan a vacantes ordinarias.

 

RESERVA PLAZA INSTITUTO

O alumnado de 6º de Educación Primaria  que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES Chano Piñeiro de Forcarei , deberá realizar a reserva de praza desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

Manual cubrir documento

Presentación de solicitudes (acceso aplicación)

  •   Telemáticamente
    • Cubrir a solicitude , asinar e presentala  no Ceip San Xoán Bautista.
    • Cubrir e asinar a solicitude telemáticamente na Sede Electrónica
  •   Forma presencial
    • Cubrir a solicitude manualmente e presentar asinada  no  Ceip San Xoán Bautista.

 

Descarga de documentos

Consulta da listaxe de alumnado admitido

  • 22 de febreiro no taboleiro de anuncios do CEIP San Xoán Bautista ou na aplicación  admisiónalumnado

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

Destinatarios: 

- Fondo solidario de libros: alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: ata o 21 de xuño de 2023.

Documentación a presentar se procede:

  • Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
  1. Certificado ou volante de convivencia.
  2. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A renda a ter en conta é a do ano 2021.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica  (https://www.sede.xunta.gal) ou presencialmente no centro de 10:00 h a 13:00h.

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O IES CHANO PIÑEIRO DE FORCAREI

Todo o alumnado que fixo a solicitude de reserva de praza no IES Chano Piñeiro para o curso 2023/24 está admitido. O informe da asignación destas prazas vaise

 

publicar no taboleiro de anuncios dese centro a partir do vindeiro 22 de febreiro de 2023.

 

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE- CURSO 22-23

Acaba de publicarse a Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan as axudas para o alumnado

con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023. 

Este curso adiántase a convocatoria polo que, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 19 de maio ata o 30 de setembro, ambos inclusive. 

Enlaces para a súa tramitación: 

- Convocatoria publicada no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-15578 

- Información sobre os requisitos e acceso ao trámite online na páxina do Ministerio de Educación: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022).

- DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria. En 3º de EP permitirase a substitución dos libros para adaptarse aos novos currículos. En 4º de EP manteranse os libros de texto do curso 2021/2022.
  • Quedan excluídos do Fondo Solidario o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria por participar no proxecto educación dixital (E- DIXGAL).
  • Axudas libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  •  Material Escolar: alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º Educación Primaria.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño (ambos inclusive)

- SOLICITUDES E MODO DE PRESENTACIÓN

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

. Anexo I e II debidamente cumprimentado.
. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
Certificado ou volante de convivencia.
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
. A renda a ter en conta é a do ano 2020.
 
 
ANEXO I E  ANEXO II 

 

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID - XANEIRO 22

Unha vez recibida a información da Consellería de Sanidade sobre os novos protocolos de xestión epidemiolóxica ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos, destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

- Ante a aparición dun caso positivo no ámbito familiar debedes seguir as indicacións xa existentes para a poboación xeral. Se o alumno/a é contacto estreito dun positivo familiar debe gardar corentena, agás os/as vacinados/as con pauta completa e ou aquelas persoas que superaran a infección por COVID-19 nos últimos tres meses.

- No ámbito escolar recibimos estas novas indicacións. Cando un alumno/a é positivo por COVID-19, ben por unha PCR, ben por proba de antíxenos realizada polos servicios de saúde ou ben por un autotest de antíxenos realizado na casa, a familia deberá:

 

  • Chamar ao 881 54 00 45 ou cubrir o formulario de autotest positivo nesta ligazón.
  • Comunicalo ao centro 986 753053 ou ao coordinador COVID.
  • Os casos confirmados de positivo por COVID-19 deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tiveran síntomas durante polo menos os 3 últimos días da infección, poderán reincorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento. Non se requirirá en ningún caso proba algunha para reincorporarse ao centro. A reincorporación non poderá realizarse cando aínda se manifesten síntomas.

 

A partir de agora non se identificarán os contactos estreitos no caso dun positivo por COVID-19 no centro, polo que non se realizará corentena agás nos casos de alumnado especialmente vulnerable por motivos de saúde. Os compañeiros e compañeiras da escola non serán notificados como contactos estreitos dun caso positivo. O centro informará preferentemente a través da app ABALAR MÓBIL, a aparición dun caso positivo na escola para que realicedes unha vixilancia dos menores durante un período de 10 días non que cabe destacar a necesidade de:

 

  • Extremar as medidas de prevención.
  • Evitar o contacto con persoas vulnerables.
  • Reducir as interaccións sociais non esenciais.

 

Sempre que haxa 5 ou mais casos confirmados nunha contorna específica do centro(Considerarase a mesma contorna: un aula, unha liña específica do transporte escolar, unha quenda concreta de comedor ou dunha actividade extraescolar) ou un 20% ou máis de casos positivos relacionados con esa contorna nun período igual ou inferior a 7 días, o centro poñerase en contacto coa Central de Seguimento de Contactos e serán eles quenes tomarán as decisións pertinentes.

 

Apelamos máis que nunca á responsabilidade individual polo ben de toda a Comunidade Educativa e ante calquera dúbida contactade co centro nos teléfonos indicados anteriormente. Moito ánimo ante esta situación e grazas pola vosa colaboración.

 

Powered by Drupal - Design by artinet