Animación á lectura

Contos animados no auditorio

O 14 de maio, o alumnado achegouse ao auditorio para visitar a Manuel Solla e os seus contos animados.

Unha mañá chea de contos, maxia, unha maleta chea de moitos animais e mesmo un violino para conmemorar a semana das letras galegas.

Agradecemos á biblioteca municipal que nos convidase a este espectáculo de animación á lectura.

 

 

 

 

Semana do Libro

Desde o 22 ao 26 de abril celebramos no cole a Semana do Libro. As actividades que se propoñen axudan incentivar e animar ao interese hacia a lectura e literatura. O alumnado expresou que é para elas e eles un libro (a través do debuxo, de versos...), e chegamos á conclusión de que temos verdadeiros lectores e lectores inmersos nun mundo de imaxinación.

 

 

E tamén contamos coa colaboración das familias, as cales axudaron ao noso alumnado a preparar maquetas dos seus libros favoritos. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

Ánimación á lectura

O pasado xoves 18 de abril visitounos David Rodríguez para falarnos do seu libro "Superavoa" do cal tamén é o seu ilustrador e publicado na editorial Xerais. Foi unha sesión amena para o alumnado onde participaron ao longo da mesma.


Preme no video adxunto para ver máis.

 
 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

O VENRES 23 DE OUTUBRO tivemos unha sesión de contacontos no auditorio do concello para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS que se celebra o 24 de outubro.

 

 

                  

Os tres contos: O CONTO DE NICOLÁS, CON TANGO SOMOS TRES E A FAMILIA DOS PORCOS   versaron sobre os diferentes tipos de familias e o importante papel das nais na familia, moitas veces non recoñecido polos demáis membros da familia.

GRACIAS AO CONCELLO POLA INVITACIÓN.

AS FAMILIAS CONTAN. INFANTIL.

Neste curso 2017/2018 na aula de infantil puxemos en marcha a actividade "AS FAMILIAS CONTAN". Foi unha actividade moi ilusionante e gratificante para os nenos e nenas que viron como se sumaron as súas familias á actividade escolar.

Dende aquí vaia o agradecemento da titoría para todos e todas vós pola vosa implicación e participación.

Aquí vos deixo unha pequena mostra fotográfica:

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
   

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA DISPOÑIBILIDADE E PARTICIPACIÓN. 

 

DÍA DO LIBRO. INFANTIL.

O 23 de abril celébrase o DÍA DO LIBRO, con tal motivo o día 24 recibimos no centro a visita do escritor, ilustrador e deseñador ANXO FARIÑA

Ademais de falarnos do seu traballo ensinounos moitos dos seus segredos como ilustrador, e aprendemos a facer "pelelliños":

cartel día do libro con anxo fariña
Cartel realizado polo alumnado coa teacher Mila.  
traballando con anxo farina facemos pelelliños
debuxo de anxo fariña o grupo con anxo fariña
Debuxo realizado por Anxo Fariña, co que agasallou ao centro.  

 

DÍA DE ROSALÍA. INFANTIL.

O 24 de febreiro celébrase o DÍA DE ROSALÍA, data do seu nacemento.

 

Os nenos e nenas da aula de infantil quixemos celebralo decorando uns poemas da autora, que logo deixamos na Galiña Azul, no Centro de Atención a Persoas Maiores, na Biblioteca Pública Municipal e no Restaurante O Meu Lar.

Dende aquí agradecemos o seu trato e atención. Grazas a todos e todas.

Para a súa elaboración empregamos unhas caixas a modo de libro, mirade como traballamos e que bonito nos quedou:

 

traballos día de rosalía rematados

 

 

 

 

LIBRO VIAXEIRO INFANTIL 2017/2018

Ola familias.

A partir do VENRES 24 de novembro os nenos e nenas da aula de Infantil imos levar á casa a nosa mascota e o LIBRO VIAXEIRO. 

 

No arquivo adxunto ou premendo AQUÍ, podedes consultar a data na que irán a cada domicilio.

 

Saúdos.

MOCHILA VIAXEIRA DA AULA DE INFANTIL

Ola familias!

A partir do venres 17 de novembro comeza a súa andaina a MOCHILA VIAXEIRA da aula de Infantil.

Adiantamos o calendario coas datas en que a levará cada neno ou nena á casa e o día que ten que regresar á escola.

Se queredes consultar o CALENDARIO da mochila premede AQUÍ, para ver o CONTIDO da mochila preme AQUÍ ou no arquivo adxunto. 

 

A partir do pasado martes 21 de novembro engadimos na mochila un libro que mercou a mestra Mila e se titula: "Book for making lists of things on your mind and in your heart" (Libro para facer listas de cousas que temos na cabeza e no corazón).

 

Espero que vos guste e desfrutedes dela en familia!

 

Saúdos.

Émili

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2017. ACTIVIDADE "O MEU LIBRO FAVORITO..."

Ola de novo a todos e todas!!

Quero darvos as grazas a todos e todas os que vos ides animando a participar na actividade da Biblioteca "O MEU LIBRO FAVORITO..." e como unha imaxe, ou dúas, vale máis que mil  palabras...

libros do meu libro favorito o meu libro favorito

 

De novo moitas grazas aos e ás que xa estades participando e espero que vos vaiades animando os e as demais.

 

 

Ao final aínda vos animastes bastantes:

libros expostos

E agora, unha vez pasado o día, imos poñer aquí unhas fotos de mostra do acto co que pechamos o DÍA DA BIBLIOTECA.

Pola tarde xuntámonos todos os cursos na Biblioteca e os compañeiros e compañeiras que trouxeron algún libro, e quixeron, foron explicándonos a todos e todas o motivo que os levou a escoller ese libro.

A verdade é que foi moi enriquecedor e os motivos diversos: porque é un libro bonito..., porque ten o meu nome..., foi o meu primeiro libro..., regaloumo..., ten moitos debuxos..., conta unha historia que me gusta moito..., regaláronmo antes de nacer eu... 

Puidemos comprobar que hai libros que só teñen letras, libros que case todo é debuxo..., libros con letra e debuxo ou foto, libros para darlle cor, libros sen letras..., e o que máis nos chamaou a atención a todos foi un libro con aromas!!

 

nenos de infantil nenos e nenas de primeiro e segundo
nenos e nenas de terceiro e cuarto nenos e nenas de quinto e sexto

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS AS PARTICIPANTES!! Aprendemos moito de vós!!

a

Saúdos.

 

 

Émili.

Powered by Drupal - Design by artinet