Ola a todos e todas.
O vindeiro 24 de outubro celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Este ano na escola gustaríanos que cada neno ou nena traia o seu LIBRO FAVORITO cunha pequena explicación, dunha extensión máxima da cariña dun folio, para logo poder poñelo en común con todos os compañeiros e compañeiras.
Os que queiran participar DEBERÁN TRAER OS LIBROS ANTES DO DÍA 24, permanecerán expostos no corredor de entrada ata o venres 27.
Moitas grazas pola vosa colaboración.