Distribuir contido

Blog da biblioteca

Letras Galegas 2024 - Luísa Villalta

 

 

 

O alumnado preparou un programa de radio especial, adicado a Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 polas Letras Galegas.

Podedes escoitar un pouco da súa vida, obra e recitado de poemas.

Grazas a todas as nenas e todos nenos que participaron con moita ilusión.

 

 

 

 

Contos animados no auditorio

O 14 de maio, o alumnado achegouse ao auditorio para visitar a Manuel Solla e os seus contos animados.

Unha mañá chea de contos, maxia, unha maleta chea de moitos animais e mesmo un violino para conmemorar a semana das letras galegas.

Agradecemos á biblioteca municipal que nos convidase a este espectáculo de animación á lectura.

 

 

 

 

Semana do Libro

Desde o 22 ao 26 de abril celebramos no cole a Semana do Libro. As actividades que se propoñen axudan incentivar e animar ao interese hacia a lectura e literatura. O alumnado expresou que é para elas e eles un libro (a través do debuxo, de versos...), e chegamos á conclusión de que temos verdadeiros lectores e lectores inmersos nun mundo de imaxinación.

 

 

E tamén contamos coa colaboración das familias, as cales axudaron ao noso alumnado a preparar maquetas dos seus libros favoritos. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

Ánimación á lectura

O pasado xoves 18 de abril visitounos David Rodríguez para falarnos do seu libro "Superavoa" do cal tamén é o seu ilustrador e publicado na editorial Xerais. Foi unha sesión amena para o alumnado onde participaron ao longo da mesma.


Preme no video adxunto para ver máis.

 
 

8M

Este curso o PDI do centro céntrase na radio, e con motivo do 8M o alumnado coñeceu un pouco máis sobre as primeiras locutoras de radio nas emisoras españolas.

 

Día de Rosalía - 23 de febreiro

O 23 de febreiro coñecimos un pouco máis a obra de Rosalía de Castro da man de Luis Vallecillo e o seu espectáculo CANTAMOS CON ROSALÍA.

A través da música descubrimos novas facetas da autora, xunto a outros autores galegos como Manuel María ou Carlos Casares.

 

 

 

Despois de participar e cantar con todo o alumnado, Luis Vallecillo foi entrevistado por parte do alumnado de primaria. Podedes escoitar o programa en radio Xoaniña.

Entrevista LUIS VALLECILLO

 

 

 

Semana da prensa - 4 a 8 de marzo

Ao longo da semana da prensa o alumnado do centro adicou tempo en distintos espazos ao cometido da conmemoración. 

A través do apadriñamento lector na biblioteca todos e todas desfrútamos da lectura de distintos materiais textuais.

 

 

E tras o coñecemento do formato decidímonos a crear o noso xornal. Animámosvos a que o leades e pouco a pouco iremos ampliando as novas. 

 

 

 

 

Preme na imaxe

 

VISITAMOS RADIO ESTRADA

O día 13 de febreiro celebrouse o día mundial da radio. Para elo o xoves 15 de febreiro levamos a cabo unha actividade complementaria relacionada co Proxecto Documental Integrado do centro (PDI), cuio centro de interese é a radio. 

Visitamos Radio Estrada e Estrada dixital, onde puidemos coñecer as súas instalacións e fixemos unha pequena intervención no programa A Galería dirixido por Fran Campos. Podedes escoitarnos na seguinte ligazón, https://go.ivoox.com/rf/124341189 .

Visitamos Radio Estrada

(Preme na imaxe para ver máis fotos)

 

Recomendacións de lectura- NADAL 2023

O nadal é un momento de lecer e de maxia, aquí vos deixamos algunha recomendación para desfrutar deste momento.

Bo nadal a todos e todas!!


MES DA CIENCIA 2023