Distribuir contido

Blog da biblioteca

MES DA CIENCIA 2023

                                                              

Radio Xoaniña

Algo se estaba argallando na biblioteca escolar e para iso alumnado e profesorado recibiron a formación necesaria para poñer o proxecto en marcha, dádelle a benvida a "Radio Xoaniña".

 

Contactamos con Denis de Rede Espora e el axudounos coa xestión tecnica e a propia locución co alumnado. Unha experiencia moi positiva para toda a comunidade como podedes apreciar nas seguintes imaxes.

 

 

O primeiro programa está adicado á biblioteca, pero de seguro virán moitos outros, non dubidedes en deixarnos as vosas preferencias ou inquedanzas nos comentarios.

Xa podedes escoitar as voces dos grandes locutores!!

 

 

 

SAMAÍN

O 31 de outubro celebramos o Samaín na biblioteca escolar cos contos coa bruxa. O alumnado participou nun contacontos sensorial, tratando de averiguar os elementos que ían tocando.

 

 
E chegando ao fin da xornada preparáronse para o noso particular "truco ou trato".
 
 

Contacontos “Filipa cos contos”

Para comemorar o día das bibliotecas, o luns 23 de outubro fomos convidados á asistir ao contacontos "Filipa cos contos" presentado pola compañía Bandullo Azul no auditorio.

Participamos, rimos e desfrutamos!!

Día das bibliotecas, 24 de outubro

O 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas e todo o alumnado visitou as bibliotecas de aula. Desfrutaron da lectura de contos así como da convivencia internivel.

A continuación (no adxunto), deixámosvos unha mostra de como desfrutaron todos e todas.

 

Algo máis se está tecendo na biblioteca do cole e en breve volo imos contar!!!

Se algo queredes saber non dubidedes en preguntar.

 

Día das escritoras, 16 de outubro

 

 

O día de 16 de outubro conmemoramos o día das escritoras. Para iso desde a biblioteca propuxéronse diversos retos para todo o alumnado, a través dos cales, así como dos seus libros, puideron coñecer a vida e obra de algunhas das escritoras galegas. Deixámosvos unha mostra de como a investigación e creatividade foron claves para o seu desenvolvemento.

 

Preme no adxunto para poder ver o video.

OBRADOIRO Mª JOSÉ LAMAS

O VENRES 19 DE MAIO VISITOUNOS Mª JOSÉ LAMAS PARA FACER UN OBRADOIRO DO SEU LIBRO

"DEBUXANDO CON PALABRAS".

TAMÉN NOS PRESENTOU O SEU NOVO LIBRO "UN CORVO EN CALDALOBA"

Disfrutamos coa lectura dalgúns dos seus poemas e facendo caligramas.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

                                                   Puede ser una ilustración de gafas y texto

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas temos programadas algunhas actividades:

1ª.- Concurso de caricaturas de Fernández del Riego.

O alumnado elaborou diferentes caricaturas que están expostas no corredor principal do centro.

Invitávosmos para que visitedes a nosa exposición de caricaturas e votedes á que máis vos guste.
 
Horario: mércores 10 e xoves 11 de 10:00h a 16:00h. O venres 12 de 10:00h a 14:00h.
 
Animádevos a participar na elección!!!!!!!!!
                                   

                                A caricatura gañadora resultou ser a de                Puede ser una ilustración de texto que dice "LETRAS GALEGAS 17-MAIO 2023 ම0 Francisco Fernández del Riego Caricatura Gañadora: Natalia Diz Rojas C.E.I.P. PLURIL INGÜE SAN XOÁN BAUTISTA"

 
2ª.-Colocación dos carteis pola vila.
 
Unha vez coñecida a caricatura gañadora, elaboramos uns carteis que repartimos polos establecementos da vila.
                
                                            

 

DÍA DO LIBRO 2023

VISITA AO CENTRO DE DÍA:

Para conmemorar esta data o venres 21 subimos ao Centro de Día.

Os nenos e nenas contáronlle e representáronlle os contos que traballaron

nas aulas dos diferentes continentes.

 

Ademáis foi unha xornada interxeracional moi emotiva e enriquecedora,

non había máis que ver a cara das persoas maiores e dos peques.

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA

 O luns 24 tivemos unha xornada de portas abertas na biblio.

 MOITAS GRACIAS a tod@s @s que nos visitastes.

                                                  

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o 8M o alumnado levou a cabo un traballo de investigación sobre mulleres importantes dos diferentes continentes.

   

      Así coñecemos  máis sobre HARRIET TUBMAN, MALALA YOUSAFZAI, MARY AKRAM, WU ZETIAN, COCO CHANEL, MARIE CURIE,

FRIDA KAHLO, ROSA PARKS E ADA LOVELACE