5º e 6º Ed. Primaria

MES DA CIENCIA 2023

                 

 

                             

                                                                                      

A NOSA HORTA SEGUE MEDRANDO

A nosa horta segue medrando e pronto poderemos facer a colleita, mirade as nosas berzas e patacas qué fermosas están.

Os amorodos tamén asoman, a ver se os paxaros nolas deixan probar.

                              

 

 

                                           

Ruta Cabenca -Cavadosa

 

O venres 27 o alumnado de 5º e 6º e a profe Bea xunto conmigo fixemos a ruta cabenca-Cavadosa .O día non poido ser máis solleiro.Anduvemos varios km pero pasámolo xenial .Valeu a pena ,o entorno é idílico  e quedáronnos ganas de repetilo ....veremos se o próximo curso somos quen de repetilo pero ahora xa coñecemos o traxecto polo que nos vai a ser máis doado.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra  da nosa andaina .

 

                             

 

O MAIO

Onte démoslle a benvida  ao mes mais florido do ano ,e que mellor maneira que facendo un MAIO.

Entre todos argallamos un ,non é moi grande pero quedounos xeitosiño.Despois falamos do seu significado ,da natureza que está a despertar do letargo invernal e de como vai agasallándonos cos seus froitos e flores de tan variadas cores.

Moitas grazas a todos por participar ,uns e outros fixestes posible esta vistosa estampa.

Cianotipias

21/03/2022 13:53

3_1.jpg4_0.jpg

6.jpg

7_1.jpg

10_1.jpg

    

O día 8 de marzo comezamos un pequeno proxecto emulando as cianotipias de Anna Atkins, tivemos que agardar a un día solleiro para poder rematalo, e por fin chegou o venres!!!!!!! Aquí tendes unha pequena mostra do que fixeron os nosos grandes artistas guiados por Cris e Sara, que lle explicaron moi ben o que tiñan que facer. Pasámolo Xenial!!!

O procedemento foi o seguinte:

1. Composición libre feita polos nenos coas follas recollidas no roteiro e coa combinación de outros elementos.

2. Exposición ao sol durante uns minutos cun papel fotosensible.

3. Lavar a creación con abundante auga.

4. Secado ao aire libre.

                                                               

 

 

 

 

Roteiro pola contorna

08/03/2022 11:39

Onte tivemos un día estupendo e aproveitamos para facer un roteiro pola contorna.

Andivemos á procura de  diversas follas e plantiñas .

Próximamente, cando o tempo nolo permita, faremos ,con esas follas que collemos ,unha actividade moi chula .Trátase de facer CIANOTIPIAS diferentes cada neno e nena.Teremos que agardar a ter un día solleiro para poder levar a cabo esa actividade .

Agardamos que vos guste tanto coma a nós.En canto as teñamos exporémolas aquí para que vexades os resultados .

Desta maneira aprendemos cousas novas e tamén lle rendimos unha pequena homenaxe a ANNA ATKINS  que foi A PRIMEIRA MULLER FOTÓGRAFA DA HISTORIA.xa que hoxe conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

      

20220307_112210 (Copy)_1.jpg                       20220307_111338 (Copy)_0.jpg

 

 

 

 

 

20220307_113256 (Copy)_0.jpg

 

 

 

 

20220307_113402-1 (Copy)_0.jpg       

 

LITUANIA E POLONIA MÁIS PRETO DE CERDEDO

18/02/2022 13:52

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un traballo de investigación sobre Polonia e Lituania, xa que están tendo un intercambio epistolar con alumnado deses dous países dende a clase de inglés coa súa Teacher Carmen, así que puxéronse mans á obra e aquí tendes unha escolma das súas pesquisas.

Esperamos que vos guste!

 

https://www.canva.com/design/DAE4a53XqW4/GxIcYVmCo0SWY1-nnWLiaw/view?utm...

 

 

Festexando o día do amor e a amizade.

Onte celebrouse o día do amor, e no cole estamos tendo moito amor pola poesías así que o alumnado de 5º e 6º volcouse facendo uns versos moi divertidos .Isto non é máis ca un aperitivo do que se aveciña .Estade atentos que próximamente van a sorprendervos estes poetas noviños.

O noso horto comeza a súa andaina.

Por fín temos un espazo para poder disfrutar e aprender moitas cousas das nosas plantacións.De momento estrenamos o noso horto cunhas cebolas,allos,fresas,coles.... e moitas, moitas ganas de seguir plantando e cultivando Seguiremos informando.

Powered by Drupal - Design by artinet