CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022).

- DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria. En 3º de EP permitirase a substitución dos libros para adaptarse aos novos currículos. En 4º de EP manteranse os libros de texto do curso 2021/2022.
  • Quedan excluídos do Fondo Solidario o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria por participar no proxecto educación dixital (E- DIXGAL).
  • Axudas libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  •  Material Escolar: alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º Educación Primaria.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño (ambos inclusive)

- SOLICITUDES E MODO DE PRESENTACIÓN

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

. Anexo I e II debidamente cumprimentado.
. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
Certificado ou volante de convivencia.
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
. A renda a ter en conta é a do ano 2020.
 
 
ANEXO I E  ANEXO II 

 

Powered by Drupal - Design by artinet