Publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na
MÁIS INFORMACIÓN. PINCHA AQUÍ
Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II
Publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na
Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II
O luns 22 de maio o alumnado de 3º,4º,5º e 6º desprazouse ata Teo para asistar á gravación do programa " PIM PAM EXPERIMENTA",o tema era FRÍO, CALOR.
Divertíronse coa ciencia, practicaron o galego, traballo en equipo, a deportividade, a convivencia cun cole de Muros, viron como se grava un programa da tele......
Viñeron moi contentos porque conseguiron a maior puntuación do concurso, aínda que se trata dun programa concurso
no que non hai nin gañadores nin perdedores, trátase de que os nenos e nenas pasen un rato agradable ao mesmo tempo que aprenden divertíndose.
Obsequiaron aos dous coles cunha estrela de coordenadas e entradas para o acuario de O Grove, que se lle entregarán ao alumnado que asistiu para que poida ir coa familia ou amigos.
O equipo de gravación foi moi amable e atento, bocadillo de nocilla incluido no descanso.
Xa vos avisaremos cando se emita o programa para que o poidades ver. Posiblemente a partir de setembro.
Aquí vos deixamos un pequeno video con algunhas imaxes.
Que ben o pasamos o mércores 29 e cantas cousas descubrimos no ACUARIO sobre os animais mariños:
coñecemos a Gastón, o tiburón máis veterano, vimos como os buzos lle dan de comer aos peixes, pena que as focas non quixeron subir a comer,
sería porque había moitos espectadores, puidemos tocar unha estrela de mar e unha caracola.........................
E como quedaron moi contentas co noso comportamento regaláronnos unha guía moi chula para a biblioteca.
E que decir do DOMUS, un montón de actividades interactivas que despertaron a nosa curiosidade e interese e coas que nos divertimos moito.
Comedor con vistas ao mar e unhas vistas preciosas da cidade.
Experiencia para repetir. Ademáis quedou sin visitar a Casa das Ciencias por estar pechada outra vez.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2015 |