MAXIA PARA A IGUALDADE
O mércores 19 de xuño disfrutamos dun espectáculo de maxia coa maga Fani e o seu axudante Martín.
Actividade organizada dentro do programa IGUALÁ-T.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO: GALIPARK
O mércores 5 de xuño disfrutamos dunha xornada de convivencia cargada de emocións, diversión e, sobre todo, moita aventura.
Aquí vos deixamos un video con algunhas das actividades que fixemos.
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024 - 2025
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO SAN XOÁN BAUTISTA , COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.
COMEDOR ESCOLAR 2024-2025
Según as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores no curso 2024/2025 as familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o
ANEXO II. Pódese descargar no arquivo adxunto ou recollelo no centro impreso.
O prazo remata o 1 de setembro de 2024.
Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora
a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar.
O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link:
https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Recordade que a RENTA que se terá en conta é a do exercicio 2023.
FESTA FIN DE CURSO COME LOCAL
INVITACIÓN PARA ASISTIR Á FESTA FIN DE CURSO DO PROGRAMA COME LOCAL.
O alumnado leva a invitación, o programa e máis información.
IMPORTANTE: Confirmar asistencia o antes posible para organizar a comida e o transporte.