PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR POR ABALAR

                                  O pagamento deberá ser aboado ata o día 20 do mes seguinte, prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

 

VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR

 

                                                               

Powered by Drupal - Design by artinet