Skip to Content

3 anos

CUMPLEANOS DE XANEIRO

Comezamos o 2º trimestre con moitos cumples:

Arián, Fode, Candela e Meriem xa teñen 4 aniños!!

 

 

ÍMONOS DE VACACIÓNS

O primeiro trimestre remata e a aula das cabaciñas merece as vacacións. Superamos os primeiros meses de cole, aprendemos unha chea de cousas e agora toca descansar e celebrar o Nadal. No cole fixemos a nosa propia árbore de nadal con pratos de cartón, decoramos unha bola para levar á casa e o último día fixemos unha gran chocolatada e todos/as xuntos/as cantamos as panxoliñas que aquí vois deixo.Tamén escribimos unha carta conxunta para os Reis Magos pedíndolle cousas boas para todos e todas.

Pero non todo foron alegrias, tivémonos que despedir da nosa profe de prácticas María, a que lle regalamos un lienzo coas nosas pegadas, para que nunca se esqueza de nós.....Só podemos darlle as gracias por todo o seu esforzo, cariño e dedicación. A imos botar moito de menos!!!! As cabaciñas queremoste moito!

Dito esto, toca descansar e coller forzas para a volta (8 de Xaneiro) e desexarvos unhas BOAS FESTAS e un BO COMEZO DE ANO!!! 

 

https://www.youtube.com/watch?v=tg92x1QoFbs

https://www.youtube.com/watch?v=WqOpTdm3kg4

https://www.youtube.com/watch?v=eFzPy5d7oFo

Decoramos a nosa árbore de Nadal!

Ola familias!

A semana pasada estivemos a preparar a decoración da nosa árbore de Nadal, e para isto tivemos que facer un montón de cousas: sacarnos fotos co gorro de Papá Noel, pintar con pincel e témpera pratos de papel, pegar as nosas fotos no prato, decoralo con estrelas... para posteriormente pegar a nosa árbore no exterior da clase.

Ademais, esta semana faltaron un montón de nenos e nenas á clase, mais non nos esquecemos deles. Decoramos tamén os seus pratos con estrelas, coa súa foto, co seu nome... para que poidamos estar todos presentes na nosa árbore. Porque iso é o importante do Nadal: estar xuntos, axudar e ser bos coas persoas que nos rodean.

Bo Nadal e que comecen as festas! Canso

 

Os 3 aniños de Cloe

Moitas felicidades Cloe!

Moitas gracias por compartir con nós o teu cumple, e damos as gracias aos teus papis por esa tortilla tan rica que trouxeron á clase! Sorriso

Os teus compañeiros e compañeiras da clase dos Caracois desexámosche que cumpras moitos máis!

 

Os caracois visitan a nosa aula

Esta semana, as profes trouxeron uns caracois de visita á aula, e tocámolos, vimos como comían, como se movían... e agora temos un montón de preguntas: por onde comen? por que ás veces se lles cae a cáscara? como poden andar? por que son tan lentos? e tamén... por que fan tanta caca?

Seguramente a partir de agora comecemos a investigar un pouco sobre estes pequenos amigos, de modo que todos os contos, cancións, libros, e outros recursos relacionados cos caracois que teñades serán ben recibidos na clase Sorriso 

Seguiremos informando...

Por certo, creo que xa sabedes cal é o nome da nosa clase, non? A clase dos CARACOIS! 

A auga camiñante

Ola familias!

Esta semana foi a SEMANA DA CIENCIA, e para celebralo fixemos un experimento chulísimo: "a auga camiñante". Sentamos como se estivésemos no teatro e botamos un pouco de auga nuns vasos, botámoslles colorante alimentario, mesturamos ben, e conectamos os vasos con papel de cociña moi absorbente. A sorpresa foi que pouco a pouco, a auga comezou a camiñar polo papel de cociña, e as cores mesturáronse creando unhas cores preciosas! 

Ás profes, ocorréusenos preguntar en alto: algún neno sabe o que é a ciencia?, e sorprendeunos Adela coa súa resposta: "a ciencia é explorar o mundo no que vivimos!". Que listos son estes nenos e nenas Sorriso

 

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes celebramos no cole a Semana da Ciencia en Galego, e na aula das cabaciñas fixemos varios experimentos: descubrimos texturas e olores novos a través dos nosos sentidos, aprendemos que é o Helio e porque algúns globos flotan e outros non e fixemos o experimento da auga que camiña.

Este último foi o que máis nos gustou. Entre todos e todas descubrimos como dunhas cores nacen outras, e tamén a ter paciencia porque as cousas van pouco a pouco. Aquí vos deixamos o experimento.....o próximo será aproveitar a auga empregada para teñir claveis.....que pasará??

A AULA DAS CABACIÑAS

A aula de 4ºB de E.I xa ten nome: a aula das CABACIÑAS.

Despóis de traballar cos froitos do outono, comezamos un taller de arte sobre a artista xaponesa YAYOI KUSAMA. Investigamos sobre ela, porque nas suas obras emprega moito o círculo e todo tipo de cores, pero o que máis nos gustou foi a sua obra adicada as cabazas. A partir de aquí eleximos as nosas cabazas, investigamos as cores que tiñamos que usar, buscamos círculos e fixemos a nosa propia obra de arte na aula. Tamén coa profe profe Loli representamos o cuadro sobre papel utilizando acuarela. Foi moi divertido e ahora non paramos de ver círculos por todas partes! Aquí vos deixamos algunhas das imaxes...

MERENDA DE OUTONO E MAGOSTO

XA SOMOS UNS EXPERTOS E EXPERTAS NA TEMÁTICA DO OUTONO E PARA CELEBRALO FIXEMOS UNHA MERENDA DE FROITAS TIPICAS COMO A PERA, A MAZÁ , UVAS....PERO O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI PROBAR O MARMELO E O KAKI, E DESCUBRIR OS CARAMELIÑOS QUE TEN A GRANADA. ENCANTOUNOS!!

E  OUTRO DIA CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!

 

A nosa profe María

Estes días, fixemos un montón de cousas coa nosa profe de prácticas María: aprendemos o nome dos dediños en galego ("pequeniño", "medianiño", "pai de todos", "furabolos" e "matapiollos"), lemos o conto "Monstro de cores", debuxamos a silueta das nosas mans, traballamos as partes do noso corpo con puzzles, bailamos, cantamos...

Como te queremos profe María Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut