Skip to Content

3 anos

VÍDEO RECITADO

 

Creamos un vídeo, para a biblioteca, recitando para botar a sortes. Di o seguinte:

                                               Pelo gato

                                               vinte e catro

                                               1, 2, 3, 4.

 

 

ASAMBLEA

 

Todos os días ao chegar ao cole, depois de  botar a “gotita” (xel hidroalcohólico), colgar

abrigos e mochilas e ir ao baño, comezamos a Asamblea. Cantamos varias cancións: de bos

días, do outono, do corpo ... pero a favorita de todos/as  é:

                                    

 

Logo, escollemos o encargado/a, cada día é un distinto, este ten que saudar a todos os

compañeir@s,  mirar os que faltan e contalos. Tamén coloca o día da semana, o tempo e o

que imos facer ese día. Escollemos nas casas das letras o seu nome e intenta escribilo.

Ademais, o encargado vai diante nas filas, é o maquinista!!!

 

A PANTASMA QUITAMEDOS

 

 

Esta semana, para celebrar o Samaín, fixemos a pantasma quitamedos. Pintámola, adornámola con pegatinas e tamén lle escollemos un nome. Vera propuxo "Pepito" e os demais estiveron dacordo. Así que, a nosa pantasma chámase "Pepito". Logo, falamos dos medos e cada un deulle a Pepito o seu medo para que o comese. Despois, dicían que xa non lle tiña medo a nada porque a pantasma comera os medos!!!

 

 

 

 

PANTASMIÑAS

 

PARABÉNS VERA!!!

 

CONTACONTOS

Hoxe recibimos unha carta na que nos invitaban a un Contacontos na Biblioteca.

   

O profe Juan era o encargado de narrarnos dous contos de medo!!!

              

Mirade que atentos estábamos!!!

 

 

FACEMOS COGOMELOS

 

PARABÉNS JESÚS


OUTONO

Grazas pola vosa colaboración!! Os alumn@s trouxeron moitos froitos do outono e follas de distintas árbores. Temos noces, castañas, cabaza, figos, uvas, millo, landras.  Tróuxenlles, ademais, améndoas e abelás. Tamén vimos os ourizos onde nacen as castañas.

   

 

Pero o que máis lles gustou foi debullar o millo e buscar follas no exterior!!

 Os grans  levámosllos ás galiñas, pero elas  prefírenos moídos. Tamén utilizamos os froitos secos para facer asociacións e as follas que recollemos no patio para estampar. 

 

AS CORES

Comezamos a traballar as cores a partires do conto “ Cocodrilo” de Kalandraka.

 



 Si queredes podedes ver o conto e a canción en youtube. Empezamos coa cor verde: pintamos o crocodilo, buscamos cousas de cor verde e pegámolas dentro dun cadrado, troceamos papeis.... e ata fixemos un experimento!!! Agora xa imos polo azul.

 

 

Nunha foto aparece Dana chorando, non vos preocupedes! Iso foi ao principio, agora xa non chora.

Distribuir contido


by Dr. Radut