Co motivo do Samaín, aproveitamos para traballar na clase a emoción do medo: que é, como nos fai sentir, en que momentos o sentimos... e falamos moito daquelas cousas que nos fan sentir medo, como por exemplo a escuridade, os cans, o lobo, os crocodilos, os monstros... e incluso tamén as aspiradoras!
Pero por sorte, a pantasma "comemedos" visitou a nosa aula e puidemos darlle de comer todos eses medos que tanto nos asustan. Plasmámolos nun papel e... ñam! desapareceron.
Ademais, fixemos moitas outras cousas como decorar a nosa porta con pantasmas e teas de araña; debuxar unhas arañas con témpera e poñelas a bailar; ler o conto "Corre, corre, cabaciña"; acudir a un contacontos na biblioteca.... e rematamos disfrazándonos e maquillándonos de seres moi terroríficos!