Skip to Content

3 anos

PARABÉNS LITZY

QUE BEN O PASAMOS CELEBRANDO O ANIVERSARIO DE LITZY

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Ola a tod@s: Douvos a benvida ao novo curso e déixovos aquí uns retrincos do que foi o período de adaptación.

Plantamos bulbos de Narciso

Na clase dos Caracois, o outro día estivemos a plantar bulbos de Narciso. Unha compañeira da clase, Cloe, trouxo un montón de bulbos, así que nos puxemos mans á obra: preparamos a terra, colocamos con coidado o bulbo no vaso, cubrimos cun pouco de terra e finalmente regamos cun chisco de auga.

Agora estamos a esperar a ver como medran na casa, xa nos iredes contando!!

Moitas moitas gracias á mamá e papá de Cloe! Sorriso

 

Día de Rosalía - clase dos Caracois

O 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro, por isto na clase dos Caracois aproveitamos para aprender un pouco sobre esta muller tan importante para Galicia. Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega programou unha actividade chulísima: os nenos e nenas de 5º de Primaria apadriñaron, cada un, a un neno/a da clase dos caracois. Así, os pequenos prepararon unha flor, e os maiores prepararon un marcapáxinas cun poema. O venres celebramos este día xuntándonos todos e intercambiando os nosos agasallos.

Foi precioso! E aos caracois encántalles que veñan os de Primaria a pasar tempo con eles! Aquí vos deixamos unhas fotos:

Descubrimos o Polo Norte...

Como ben sabedes, na clase dos Caracois e das Cabaciñas estamos a investigar moito sobre o POLO NORTE. Fai unhas semanas recibimos unha carta dun Oso Polar que precisaba a nosa axuda porque o seu fogar está comezando a derreterse; entrou na nosa clase e deixou un montón de pegadas!!

Por iso, puxémonos á marcha para aprender moitas cousas sobre o Polo: coñecemos animais como o oso polar, a morsa, o búho nival, a foca, o narval, a beluga... e estamos a descubrir tamén todas as súas letras. Descubrimos as familias de esquimais, os tipos de vivenda que empregan. Tamén sabemos que no polo norte sucede o fenómeno da aurora boreal, aínda que moitos nenos e nenas da clase aseguran tela visto na propia Coruña.... Sorprendido

Iniciámonos nun minimundo de inverno na nosa mesa de experimentación, descubrimos a neve a través dun experimento, lemos un montón de contos sobre o Polo Norte, escoitamos a canción de "Bebé Beluga" e a de "Nanook el esquimal"... e aínda nos quedan algunhas cousas máis que descubrir. Seguiremos informando!!

 

 

Cumples de xaneiro na Clase dos Caracois

No mes de xaneiro estiveron de cumple 4 caracois: Hugo, Valeria, Javi e Sofi! Que maiores son estes nen@s. Xa cumpren 4 aniños!!!

Desexámosvos moita felicidade, moitos bicos e moitas apertas! e graciñas por compartir con nós uns biscoitos riquísimos! gracias papis pola colaboración Sorriso

 

A nosa primeira excursión!

O pasado 7 de febreiro, os nenos e nenas da clase dos Caracois fomos ver ao Palacio da Ópera a Lydia Botana e o seu grupo representar unha pequena obra musical chamada "De aquí para alá". E para isto, tivemos que coller un bus! Algo que nos encantou a todos e todas Sorriso

A obra fíxosenos un pouco longa de máis... pero desfrutámola un montón e sobre todo aprendemos cousas como: que hai que estar en silencio e coas orellas ben atentas, que non podemos alonxarnos do grupo, que hai que subir moi despacio ao bus para non mancarnos...

E agora, esperamos con ansias a próxima!!

Animais do Polo Norte

Na aula das cabaciñas seguimos investigando sobre o Polo Norte. Estes dias descubrimos animais coma o Narval, fixemos un oso polar xigante, coñcemos as diferencias entre as morsas e as focas, e continuamos...

Pero tamén temos espacio para o arte, e seguindo a técnica do pintor Jackson Pollock, pintamos a noite ártica empregando cores que nos lembran ao inverno e canicas e depois..... a movelas!!!

Coma sempre aquí vos deixamos algunha fotiño....

Cumple de Iris

Este mes de febreiro Iris cumpliu 4 anos e o celebramos xuntiños!

Comezamos a descubir o Polo Norte

Un día chegamos a clase e atopamos unhas huellas que nos levaron ata unha foto dun oso polar moi delgadiño....era Poli, que nos pedía axuda para salvar o Polo Norte que está derretíndose por culpa da contaminación!! Para poder axudalo tivemos que comezar a investigar sobre o Polo Norte: onde está, o seu clima, se alí hai persoas, que outros animais viven con Poli....

A aula das cabaciñas está moi motivada con esta nova aventura.... e aquí vos deixamos algunhas fotos do que estamos a traballar: fixemos un experimento para crear a aurora boreal e outro para facer neve.... Os peques trouxeron cousas das suas casas e na aula seguimos investigando e descubrindo novas especies....

A aventura continúa!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut