Skip to Content

Descubrimos o Polo Norte...

Como ben sabedes, na clase dos Caracois e das Cabaciñas estamos a investigar moito sobre o POLO NORTE. Fai unhas semanas recibimos unha carta dun Oso Polar que precisaba a nosa axuda porque o seu fogar está comezando a derreterse; entrou na nosa clase e deixou un montón de pegadas!!

Por iso, puxémonos á marcha para aprender moitas cousas sobre o Polo: coñecemos animais como o oso polar, a morsa, o búho nival, a foca, o narval, a beluga... e estamos a descubrir tamén todas as súas letras. Descubrimos as familias de esquimais, os tipos de vivenda que empregan. Tamén sabemos que no polo norte sucede o fenómeno da aurora boreal, aínda que moitos nenos e nenas da clase aseguran tela visto na propia Coruña.... Sorprendido

Iniciámonos nun minimundo de inverno na nosa mesa de experimentación, descubrimos a neve a través dun experimento, lemos un montón de contos sobre o Polo Norte, escoitamos a canción de "Bebé Beluga" e a de "Nanook el esquimal"... e aínda nos quedan algunhas cousas máis que descubrir. Seguiremos informando!!

 

 



blog | by Dr. Radut