Skip to Content

3 anos

Actividades na mesa de experimentación!

As nosas primeiras actividades

na mesa de experimentación!!

ÁRBORE DE NADAL

Coas mans dos nen@s fixemos unha árbore de Nadal para adornar a porta da clase!!

Propostas de Nadal!

Hoxe estivemos a traballar nunha proposta de Nadal! Elaboramos coroas de Nadal pintadas con palliñas! A verdade e que nos gustou moito esta actividade e pasámolo moi moi ben! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén estivemos a xogar con diversos xogos de temática navideña onde

traballamos o conteo e as cores. 

 

 

EMOCIONÓMETRO

Os alum@s, coa axuda de Román, crearon un emocionómetro, onde os/as  nenos/as, cada día, poñen o seu nome  no monstro que reflexa o seu estado de ánimo: contento, enfadado, asustado, tranquilo, triste ou enamorado.

 

O MONSTRO DE CORES

Traballamos as emocións a partir do conto “El monstruo de colores”.

 

 

 

 

E fixemos un mural coa axuda de Román.

 

Grafismos creativos!

Hoxe estivemos traballando novamente o círculo e elaboramos un grafismo creativo ao redor dun gomet! 

Aos nenos/as gustoulles moito a proposta!! Están feitos uns pequenos/as artistas!!

Con esta actividade traballamos a creatividade, o control e autonomía da man, a coordinación óculo-manual, as cores, a forma xeométrica o círculo e o espazo. 

PARABÉNS IAGO!!

Hoxe celebramos o aniversario de Iago!!!

 

MOITAS FELICIDADES!!!

FACEMOS UN BONECO

O alumno de prácticas Román preparou un  proxecto sobre o corpo e as emocións. Unha das actividades que programou foi facer un boneco con partes do corpo de cada nen@: o pé dun, a perna doutro, a man doutra... Para rematar, coloreárono e puxéronlle nome; escolleron, como non,  "Pepita".

 

Xogando coa lóxica matemática!

Case todos os días traballamos un pouco a lóxica matemática asociando número con cantidade, a identificación e clasificación de cores entre outras moitas cousas, favorecendo con todas as propostas o desenvolvemento da motricidade fina. Pasámolo moi moi ben!

 

 

 

Nuno cumpre 3 anos!

Hoxe celebramos o aniversario de Nuno! 

Moitos parabéns! Felices 3 aniños! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut