Éramos a única clase de infantil que non tiña nome e hoxe decidimos escoller un para a nosa aula! Pero a elección tiña que ser democrática, para iso, presenteilles unha ducia de posibles nomes: golfiños, tartarugas, gatiños, bolboretas,... e deille a cada un unha ficha, que tiñan que colocar na imaxe que máis lle gustase.
O que máis votos recibiu foi gatiños, con 3 votos. Para cerciorarme de que ese era o favorito, fixemos unha segunda votación cos catro máis votados.
Pitiños levou 3 votos.
Osiños tamén 3.
Golfiños outros 3.
Gatiños levou 5 votos.
Xa temos un gañador!! Está claro que gatiños é o favorito!!
A partires de agora imos ser a aula dos
GATIÑOS/AS