Skip to Content

3 anos

Os nenos e nenas de 4ºA de Infantil visitan o acuario!!!!!

Para rematar o proxecto sobre o mar e os animais mariños visitamos o Aquarium Finisterrae!!

Foi unha experiencia fantástica!!! Despois de volver ao cole os nenos e nenas xa querían visitar de novo as

focas, ao tiburón Gastón, as medusas, os cabaliños de mar... e como non... a Nemo e a Dori!!

 

 

NACERON AS CABACIÑAS!!!

Xa nos naceron as cabaciñas!!!

 

 

PEIXES DE ACUARIO

Hoxe Alejandro trouxo un mural sobre peixes de cores, típicos nos acuarios e estanques.

Grazas familia pola vosa colaboración!!!

 

Xogamos na caixa de area con cubos, pas e rastrillo!!!!!

Sorpresaaaaaaaa!! 

Así de felices estivemos xogando coas novas pas, cubos e rastrillos na caixa de area!!! 

 

E entre todos e todas recollemos o material para poder xogar novamente outro día!!!!

Moitos parabéns R e O!

Celebramos os aniversarios de R e O! Cumpriron catro aniños! 

 

Moitos parabéns!!!!

MEDUSA

Esta semana, en plástica, fixemos unha medusa cun prato de cartón. Hoxe levárono para casa.

 

ESTREAMOS CALDEIROS E PAS!!!

Hoxe estreamos os novos caldeiros e pas no areeiro!!! Estaban felices, pasaron todo o recreo cavando e facendo flans.

 

ACUARELA

Iniciámonos na técnica da acuarela pintando un debuxo primaveral.

 Fixérono moi ben!!!

 

MURAL

Rematamos o mural do mar!!!

As/os alum@s, estas semanas, estiveron moi motivad@s coloreando e pegando animais mariños no mural. Algúns ata se atreveron a recortalos!

 

   

   

  

Parabéns D e M!

Esta semana celebramos o aniversario de D e M! Cumpriron 4 aniños!!!

Moitos parabéns!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut