Skip to Content

XA TEMOS NOME PARA A AULA!!!

Éramos a única clase de infantil que non tiña nome e hoxe decidimos escoller un  para a nosa aula! Pero a elección tiña que ser democrática, para iso, presenteilles unha ducia de posibles nomes: golfiños, tartarugas, gatiños, bolboretas,... e deille a cada un unha ficha, que tiñan que colocar na imaxe que máis lle gustase.

 

 

O que máis votos recibiu foi gatiños, con 3 votos. Para cerciorarme de que ese era o favorito, fixemos unha segunda votación cos catro máis votados. 

Pitiños levou 3 votos.

Osiños tamén 3.

Golfiños outros 3.

Gatiños levou 5 votos.

 

Xa temos un gañador!! Está claro que gatiños é o favorito!!

A partires de agora imos ser a aula dos

GATIÑOS/AS

 



page | by Dr. Radut