Skip to Content

3 anos

NOVO EXPERIMENTO: PLASTILINA

As ganas de querer facer un novo experimento eran moitas e compartidas polo que decidimos crear a nosa propia plastilina. Aquí vos deixamos o proceso:

ANIVERSARIO DE INÉS E ANNA

Parabéns Inés e Anna! Moitas grazas polos vosos doces!

O EXPERIMENTO DA AULA DO MILLO

As nenas e nenos da aula do millo fixemos un experimento para crear unha fonte de auga:

O EXPERIMENTO DOS AMORODOS

No mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego. A aula dos Amorodos fixemos un experimento coas flores. Aquí deixamos o vídeo que fixemos para explicarlle a todo o colexio o noso experimento. Quedamos con ganas de facer máis!

NOME DAS AULAS

Temos unha boa nova que contarvos, algúns xa o saberedes pois foi difícil gardar o segredo! As aulas de 4ºA e 4ºB de Educación Infantil escolleron uns nomes ben bonitos para as súas clases. A aula de 4ºA pasa a ser a dos Millos e a aula de 4ºB pasa a ser a dos Amorodos. Así foi como quedaron decoradas as portas para que todo o mundo o saiba.

 

O NOSO SAMAÍN

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo para o Samaín a investigación dalgún ser mitolóxico galego. Nós eliximos a Fada do Vento xa que é a responsable de que caian as follas do outono e a nós axúdanos a superar os nosos medos. 

Parabéns a Antía, Antón e Ténéré!!

No mes de outubro, tivemos a sorte de ter tres aniversarios na aula de 4ºA e 4ºB de Educación Infantil. Por isto, queremos felicitar a Antía, Antón e Ténéré, pois xa teñen 3 anos!

Grazas familias!!

Parabéns Raúl e Alan!!

No mes de setembro, estiveron de aniversario Raúl e Alan. Tivemos a sorte de que nos trouxeron cadanseu biscoito e estaban boísimos! Déixovos mostra do abraiados e contentos que estaban coa celebración. 

 

Grazas familias!

HOXE PLANTAMOS!

 
4º Infantil
Hoxe tivemos moito traballo na horta, fomos plantar coliflor, romanesco  e brocoli. Nas fotos veredes que nos axudaron os alumnos e alumnas de 5º.

BAILE GRADUACIÓN 4º INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut