Skip to Content

OUTONO

Grazas pola vosa colaboración!! Os alumn@s trouxeron moitos froitos do outono e follas de distintas árbores. Temos noces, castañas, cabaza, figos, uvas, millo, landras.  Tróuxenlles, ademais, améndoas e abelás. Tamén vimos os ourizos onde nacen as castañas.

   

 

Pero o que máis lles gustou foi debullar o millo e buscar follas no exterior!!

 Os grans  levámosllos ás galiñas, pero elas  prefírenos moídos. Tamén utilizamos os froitos secos para facer asociacións e as follas que recollemos no patio para estampar. 

 



page | by Dr. Radut