Skip to Content

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes celebramos no cole a Semana da Ciencia en Galego, e na aula das cabaciñas fixemos varios experimentos: descubrimos texturas e olores novos a través dos nosos sentidos, aprendemos que é o Helio e porque algúns globos flotan e outros non e fixemos o experimento da auga que camiña.

Este último foi o que máis nos gustou. Entre todos e todas descubrimos como dunhas cores nacen outras, e tamén a ter paciencia porque as cousas van pouco a pouco. Aquí vos deixamos o experimento.....o próximo será aproveitar a auga empregada para teñir claveis.....que pasará??



story | by Dr. Radut