Skip to Content

blogue deadmin

Excursión fin de curso 2018-2019

O curso vaise esgotando e faltábanos a que eu penso é a experiencia máis enriquecedora e da que máis se lembraran os rapaces e rapazas no futuro. A EXCURSIÓN!

A xornada comezou con chuvias débiles e temiamos que se estragase o dia de actividades na provincia de León pero a chuvia deunos tregua e deixounos desfrutar de actividades ao aire libre.

Despois dun traxecto máis ou menos de hora e media desde San Clodio chegamos ao noso destino e ali nos agardaban os monitores para comezar a xornada ensinandonos a colocar as suxecións para o percorrido polas árbores.

 

Unha vez estivemos ven seguros comezou o dia de aventuras, escalamos, metemonos en rodillos de auga, tiramos co arco, paintball...

Aqui vos deixamos unhas fotos para que vexades que desfrutamos moito e que como dician algúns, Eu quero vir aqui todos os fins de curso!!!

 

 

 

 

Xeoparque do Caurel

 

Si, xa é unha realidade. No noso colexio estamos moi contentos de anunciar tamén esta boa nova.

 

Temos o primeiro Xeoparque Mundial de Galicia. O título, co que contan na actualidade un cento de localización en todo o mundo, recoñece espazos "onde as paisaxes e lugares de relevancia xeolóxica internacional son xestionadas a seguir un concepto holístico de protección, educación e desenvolvemento sustentable". A candidatura a esta declaración promóvese desde 2016 polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil en colaboración co grupo de desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea. O espazo súmase aos doce xeoparques recoñecidos no conxunto do Estado.

Estas dúas palabras son claves porque como centro educativo apoiamos e seguiremos apoiando a riqueza cultural e xeolóxica que temos ao noso carón.

Imaxe relacionada

 

Convivencia co cole da Pobra do Brollón.

O pasado dia 11 de abril tivemos unha visita moi especial que se ven repetndo cada dous anos no noso centro. Viñeron os alumnos/as e profes do colexio de Pobra do Brollón.

 

Aqui podedes ver que chegaron con ganas ao noso cole de pasalo ben. Démoslles a benvida dun xeito agarimoso e logo os maiores de 3º a 6º de primaria foron facer unha ruta fantástica para coñecer algúns dos miradores máis fermosos da contorna do noso concello. Todo isto axudados das explicacións dun experto como é Ramón que xa nos viñera explicar moitas cousas sobre o proxecto do XEOPARQUE DO CAUREL.

Os máis pequenos visitamos os dous museos de Quiroga, o xeolóxico e o etnolóxico. Neles puidemos aprender moitas cousas moi interesantes sobre como se recolle o mel, o proceso de elaboración do aceite, como eran as cociñas de antano,etc. 

 

Ata nos ensinaron unha pequena escola da que seguramente empregaran na época dos nosos abos e aboas.

 

E vimos o decorado da película do Apóstolo!!!

A verdade é que a mañá deu para moito aos peques ainda nos deu tempo de estrear xuntos o parque da praia de San Clodio e desfrutámolo un montón.

 

Logo xuntámonos todos no cole e tivemos un xantar conxunto onde nos entregamos uns agasallos como xesto de amizade.

Bueno esperamos que estas convivencias sigan acontecendo entre os nosos coles moitos anos máis, aqui vos deixo unha foto conxunta de todos os nenos e nenas!!

 

O entroido move o corpo

Este entroido fomos visitados pola muller de xeo, que foi o noso meco. Todos/as participamos de maneira activa nas comandas do meco.

Tamén fixemos as nosas comadres e os nosos compadres, aquí vos deixo unha foto que demostra que os rapaces e as súas familias se esforzaron moito por conseguir uns superheróes e superheroínas fabulosos!

Tamén tivemos un taller para facer as famosas máscaras do entroido tradicional galego, aqui podemos ver a un peliqueiro de Laza que pasou polo cole.

Xogamos, aprendemos cousas novas do entroido e fixemos unha coreografía digna de calquer bon salón de baile!

O ENTROIDO MOVE O CORPO! Que xa nolo dicía Paco Nogueiras na súa canción

Homenaxe a Rosalia

 

O pasado día 24 de febreiro conmemorouse como cada ano o nacemento de Rosalía de Castro, ao cadrar en domingo nos decidimos trasladar esta data de recordo a este pasado luns 25 de febreiro. Cada nena/o leeu unha estrofa ou verso dalgúns poemas da autora. quí vos deixamos un video (ficheiro adxunto) para ver que ben o fixeron! Rosalía estaría orgullosa!

 Resultado de imaxes para rosalia de castro

 

Festa de Samaín

A festa do Samaín, do magosto e máis o Halloween xuntáronse no noso colexio este ano.

E digo eu... que mellor que festexar por triple!!

 

Aqui vos deixamos un video  ( ficheiro adxunto)que resume moi ben unha xornada chea de xogos, cabazas super orixinais, música, jedis, castañas asadas,etc.

 

 

 

 

Sementando nabos

Estivemos a traballar a reo para poñer en marcha a futura recolleita para o 2019.

E, como vendes na foto non plantamos calque cousa! Nabo de Lugo, que xa se sabe que non o hai mellor! Manolo foi repartindo a semente e nos fómola mesturando coa area e esparcindo pola terra que xa estaba sabiamente laboreada!! Asi da gusto!

Os nen@s de infantil

Os do primeiro grupo

E os do segundo grupo.

 

Concerto Brinca Vai

Como xa vos anunciamos Paco Nogueiras veu á casa do concello a facernos bulir a tod@s. 

Papás, mamás, profes, nenos e nenas danzamos sen parar e desfrutamos dunha hora de música e comedia. E é boa verdade que este rapaz leva alegría alá por onde camiña!!

Destas vez tamén precisou da axuda de Yanet para cantar un dos seus temas que fala da amizade... "Porqué ti es o meu amigo, porqué nos levamos ben" aprendemos a letra e Yanet converteuse na nosa xefa de baile!! Fíxoo moi ben e por iso tamén levou uns agasallos de Paco!

Asi que solo nos queda por dicir...

Paco Nogueiras, ti es tamén o noso amigo, volve cando queiras ao noso cole!!!

Montamos o noso invernadoiro

Gústanos mostrarvos as cousiñas que imos facendo no cole. A semana pasada tivemos axuda dos pais/nais para poder construir un invernadoiro. E, é que as nosas plantas as veces precisan de estar resguardadas do frio do inverno, das xeadas e ao quentiño!!

Tivemos que ir montando a estructura aos poucos e sempre guiados polos nosos xefes de obra que foron moi pacientes con nós, que somos solo principiantes nestes labores...

 

 

Esperamos que cumpla a súa función e dentro de pouco os froitos podian ser expostos aqui na web do cole!!

Recollemos os froitos

Pasou o verán e toca a satisfación de recoller os froitos do que anteriormente foi sembrado.

 

Temos moito que agradecer aos colaboradores do noso horto, pais e nais que se preocuparon por axudarnos a obter o que estades vendo.

 

O outono chegou e é hora de poñerse mans á obra e volver a empezar a pensar en plantalo.

Polo de agora os nabos xa están na terra!

Distribuir contido


by Dr. Radut