Axudas, convocatorias
Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2016-2017
Enviado por admin o Xov, 16/06/2016 - 15:33SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016-2017
Enviado por admin o Mér, 01/06/2016 - 11:39O servizo de comedor para o curso 2016-2017 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón e o desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.
O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 2 ao 20 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 2 a 20 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.
A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 12 de setembro de 2016.
Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, as listas provisional e definitiva de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.
SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR
Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantes aportando o certificado de empadroamento. O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:
-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.
-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.
-Alumnado membro de familias numerosas.
-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.
-Outro alumnado do centro.
Impreso solicitude praza comedor escolar
Impreso de Autodeclaración e instrucións para cumplimentar o impreso
Axudas para adquisición de libros de texto, material escolar, Fondo solidario e Banco de libros da ANPA.
Enviado por admin o Mér, 18/05/2016 - 10:54No DOG do 16 de maio de 2016 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017. Nesta convocatoria unifícanse as axudas que anteriormente se tramitaban en convocatorias separadas.
No curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988
Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados no centro. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016, inclusive.
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para Educación Primaria:
-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros
No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.
A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. De non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar cobertura aos solicitantes en función da renda sinalada no caso das axudas para adquisición, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.
Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para o alumnado que vaia cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro curso, a ANPA convocará en breve unha reunión para informar ás familias como poder participar e recibir libros do banco de libros.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por admin o Mar, 10/11/2015 - 16:39 Publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 mediante a que se aproba unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
O requisito é ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude. A Orde convocatoria atópase no taboleiro de anuncios do centro e facilítanse impresos de solicitude na conserxería. O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de novembro de 2015. |
Orde de convocatoria |
Solicitude Anexo I |
Axudas para adquisición de material escolar
Enviado por admin o Xov, 10/09/2015 - 10:29A información e instancia de solicitude (Anexo I) pódense consultar e descargar na web da Consellería picando aquí.
Unha copia da Orde atópase exposta no taboleiro de anuncios do centro e na conserxería facilitase a solicitude en papel.
Comedor escolar 2015-2016. Resolución definitiva de admitidos.
Enviado por admin o Mér, 08/07/2015 - 08:35RESOLUCIÓN DEFINITIVA de alumnos admitidos para o curso 2015-2016 no servizo de comedor escolar |
Resolución provisional de alumnos admitidos para o curso 2015-2016 no servizo de comedor escolar. |
As familias dos comensais admitidos deberán entregar debidamente cuberto o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos antes do 10 de setembro de 2015. O modelo-impreso facilitase no centro ou pódese descargar desta páxina web. |
Impreso de autodeclaración |
Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2015-2016
Enviado por admin o Ven, 03/07/2015 - 08:42Relación definitiva de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2015-2016.
Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2015-2016
Circular fin de curso
Enviado por admin o Mar, 16/06/2015 - 10:54Libros de texto.Segundo se informou do programa de axudas da Consellería de Educación para a adquisición de libros para 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, as solicitudes de axuda pódense presentar ata o 2 de xullo de 2015 na secretaría en horario de atención ao público.
Os vales das axudas para a adquisición dos libros, daquelas solicitudes recibidas ata do 26 de xuño, entregaranse ás familias o día 29 de 9 a 10 horas. Ás familias que presenten as solicitudes con posterioridade informaráselles no momento da entrega da solicitude a data de entrega dos vales.
Banco de libros de texto da ANPA.Infórmase que aquelas familias que recibiron libros de texto do banco de libros da ANPA que deberán proceder a devolvelos os días 17 e 18 de xuño. Os libros deixaranse nas aulas onde están escolarizados.
Venres 19: Despedida dos alumnos de 6º curso de primaria na Casa da Cultura. Temos programado un acto de despedida dos alumnos que rematan a educación primaria. Será o venres 19 de xuño na Casa da Cultura a partir das 12,30 horas. O acto será público e ao mesmo invítase ás familias do centro.
As clases rematarán venres día 19. Para as festas de despedida nas aulas pídese a colaboración das familias aportando unha pequena cantidade de comida. Para estas festas a Asociación de nais e pais As Mariñas aportará as bebidas. O horario do centro ese día será o habitual, de 9 a 14 horas.
Entrega dos boletíns informativos. O venres 19, entregaranse os boletíns informativos ás familias.
Servizo de comedor escolar. O prazo de solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso remata o mércores 17 de xuño. O listado de admitidos no servizo de comedor escolar estará exposto no taboleiro de anuncios e na web do centro a partir do 30 de xuño.
Lémbrase ás familias que teñan que pagar o servizo de comedor que se repartiran os recibos do mes de xuño o xoves 25 de xuño de 10 a 11 horas e que deben achegar ao centro xustificante de pago do recibo ata do 30 de xuño.
Inicio do curso 2015-2016. Está previsto que o inicio das clases sexa o día 10 de setembro de 2015.
Axudas para libros de texto 2015-2016
Enviado por admin o Ven, 05/06/2015 - 10:32Infórmase ás familias dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria que recibiron vales de axuda para a adquisición de libros de texto no curso 2014 - 2015 deben devolver os libros os días 17 e 18 de xuño.
O proceso de axudas de libros de texto para o vindeiro curso 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:
-Alumnado de 3º e 5º de educación primaria. Estará regulado pola Orde de 21 de maio de 2015 (DOG de 1 de xuño). Convócase unha reunión das familias dos alumnos que vaian cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro martes 9 de xuño ás 16 horas coa dirección do centro para explicar a situación nestes cursos.
-Axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria e 1º e 3º de educación secundaria . Estará regulado pola Orde de 22 de maio de 2015 (DOG de 1 de xuño). O prazo para a presentación de solicitudes remata o 2 de xullo de 2015. Presentarase no centro educativo unha solicitude por alumno/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria. Rendas familiares e contía das axudas:
No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:
Familias monoparentais:
-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.
-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.
Resto das familias:
-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.
Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2013 e o exercicio fiscal 2013. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e a 374 (base impoñible do aforro) da declaración.
Información e impresos de solicitude
As Ordes pódense consultar no taboleiro da entrada e na páxina web do centro e as solicitudes serán facilitadas na conserxería do centro.
Toda a información e a posibilidade da descarga de impresos de solicitude está dispoñible na páxina web da Consellería. Póde consultala desde o seguinte enlace: |
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016
Enviado por admin o Ven, 05/06/2015 - 10:08
O servizo de comedor para o curso 2015-2016 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón e o desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 43. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera. O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 ao 17 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso. Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 8 a 17 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración. A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 10 de setembro de 2015. BENEFICIARIOS E COLABORADORES DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas. SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantes aportando o volante de empadronamento. No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes antes do 1 de xullo, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia: -Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior. -Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda. -Alumnado membro de familias numerosas. -Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. -Outro alumnado do centro. |
Impreso solicitude praza comedor escolar Impreso de Autodeclaración e instrucións para cumplimentar o impreso |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »