Axudas, convocatorias
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES PARA O CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Xov, 13/06/2019 - 21:21AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Lun, 20/05/2019 - 20:48No DOG de 20 de maio de 2019 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020.
No curso 2019/2020 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2019, inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:
-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros
-Renda per cápita familiar superior a 5.400 ata 9.000,00 euros: 90 euros
Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2017 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2017.
No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.
Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para o alumnado que vaia cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro curso, a ANPA conta con libros suficientes no seu Banco de libros. Ademais para aquelas familias que non se lles conceda libros a través do Fondo solidario en 4º e 6º cursos de Primaria (por superar os límites de renda) tamén hai libros da ANPA neses cursos que seguramente sexan suficientes. En breve a ANPA remitirá unha circular para explicar como acollerse ao Banco de libros.
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 06/11/2018 - 21:21O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.
Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais e 2 do profesorado no Consello Escolar do centro.
A Xunta Electoral, reunida o 6 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:
DO 8 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)
-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.
Impreso para presentar relamacións ao censo.
-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas.
Impreso para presentación de candidatura.
Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.
19 DE NOVEMBRO
Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:
-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.
-Publicación de candidaturas.
-Publicación definitiva do censo electoral.
-Sorteo público, ás 11,45 horas na entrada do centro (Aula 1.6) para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais
27 DE NOVEMBRO
Votacións.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA 2018-2019 E AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA
Enviado por admin o Ven, 21/09/2018 - 09:11Oferta de actividades extraescolares da Asociación de Nais e Pais para o curso 2018-2019 e boletín de inscrición:
Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.
Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria
RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Xov, 05/07/2018 - 20:14Xa se pode consultar a Resolución definitiva de Fondolibros:
FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS.
FONDOLIBROS - LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUIDOS.
BANCO DE LIBROS DA ANPA
Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.
*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.
Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Ven, 29/06/2018 - 09:11LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDOLIBROS
LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUIDOS FONDOLIBROS
Prazo de reclamacións: 2 días desde a publicación das listaxes.
Sada a 29 de xuño de 2018
IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.
Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.
Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Xov, 14/06/2018 - 11:59AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Lun, 21/05/2018 - 10:50No DOG de hoxe 21 de maio de 2018 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.
No curso 2018/2019 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2018, inclusive. As solicitudes presentaranse no centro onde vaian cursar estudios os alumnos no vindeiro curso 2018-2019 e será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:
-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros
-Renda per cápita familiar superior a 5.400 ata 9.000,00 euros: 90 euros
Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2016 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2016.
No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto.
A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.
Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. Para o alumnado que vaia cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro curso, a ANPA conta con libros suficientes no seu Banco de libros. Ademais para aquelas familias que non se lles conceda libros a través do Fondo solidario en 4º e 6º cursos de Primaria (por superar os límites de renda) tamén hai libros da ANPA neses cursos que seguramente sexan suficientes. En breve a ANPA remitirá unha circular para explicar como acollerse ao Banco de libros.
Actividades extraescolares para o curso 2017 2018
Enviado por admin o Mér, 20/09/2017 - 09:56Inicio do curso 2017 2018
Enviado por admin o Ven, 01/09/2017 - 09:49Circular inicio de curso 2017 2018
Horario de Secretaría: De luns a venres de 09:00 a 09:45
Información de pincipio de curso da Asociación de Nais e Pais As Mariñas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »