SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016-2017

O servizo de comedor para o curso 2016-2017 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón e o desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.

 O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 2 ao 20 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas  persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 2 a 20 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.

A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 12 de setembro de 2016.

Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, as listas provisional e definitiva de admitidos  para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.

 SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantes aportando o certificado de empadroamento. O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

-Alumnado membro de familias numerosas.

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

-Outro alumnado do centro.

 

Impreso solicitude praza comedor escolar

Impreso de Autodeclaración e instrucións para cumplimentar o impreso

Impreso solicitude colaborado/a comedor