SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016
O servizo de comedor para o curso 2015-2016 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón e o desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 43. Se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera. O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 ao 17 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso. Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo do 8 a 17 de xuño. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración. A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 10 de setembro de 2015. BENEFICIARIOS E COLABORADORES DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas. SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR Terán dereito ao servizo de comedor o alumnado escolarizado no centro que lle corresponda por pertencer a área de influencia do centro ou por escolarización forzosa no mesmo. Este requisito deberán acreditalo todos os solicitantes aportando o volante de empadronamento. No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes antes do 1 de xullo, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia: -Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior. -Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda. -Alumnado membro de familias numerosas. -Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. -Outro alumnado do centro. |
Impreso solicitude praza comedor escolar Impreso de Autodeclaración e instrucións para cumplimentar o impreso |