Axudas para libros de texto 2015-2016
Infórmase ás familias dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria que recibiron vales de axuda para a adquisición de libros de texto no curso 2014 - 2015 deben devolver os libros os días 17 e 18 de xuño.
O proceso de axudas de libros de texto para o vindeiro curso 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:
-Alumnado de 3º e 5º de educación primaria. Estará regulado pola Orde de 21 de maio de 2015 (DOG de 1 de xuño). Convócase unha reunión das familias dos alumnos que vaian cursar 3º e 5º de primaria o vindeiro martes 9 de xuño ás 16 horas coa dirección do centro para explicar a situación nestes cursos.
-Axudas para adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria e 1º e 3º de educación secundaria . Estará regulado pola Orde de 22 de maio de 2015 (DOG de 1 de xuño). O prazo para a presentación de solicitudes remata o 2 de xullo de 2015. Presentarase no centro educativo unha solicitude por alumno/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria. Rendas familiares e contía das axudas:
No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:
Familias monoparentais:
-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.
-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.
Resto das familias:
-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.
Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2013 e o exercicio fiscal 2013. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e a 374 (base impoñible do aforro) da declaración.
Información e impresos de solicitude
As Ordes pódense consultar no taboleiro da entrada e na páxina web do centro e as solicitudes serán facilitadas na conserxería do centro.
Toda a información e a posibilidade da descarga de impresos de solicitude está dispoñible na páxina web da Consellería. Póde consultala desde o seguinte enlace: |