ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 22 de marzo.

Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión – anexo II (Documento: ED550B)
  • Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno
  • Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro...

Solicitude de admisión ANEXO II (galego).

Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).

Presentación telemática da solicitude de praza.

Decreto de admisión de alumnos.

Orde de admisión de alumnos e modificacións á mesma.

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.

Resultado do sorteo público das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2021/22.

Proxecto educativo.

Tríptico informativo sobre o centro.

Plano de situación do centro.

Video das instalacións.

En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS

Ante a situación epidemiolóxica actual este ano non realizaremos a xornada de portas abertas nas que as familias podían acudir a coñecer o noso centro. 

Pero todas aquelas familias que desexedes saber máis sobre o noso colexio, realizaremos unha videoconferencia o día 25 de febreiro ás 17:15h, na que falaremos das nosas instalacións, servizos complementarios, horarios do centro, metodoloxías,  protocolos Covid e responderemos as vosas preguntas.

As familias interesadas deberán remitir un email a ceip.sada@edu.xunta.es para solicitar o enlace á mesma

Celebración do Entroido

Hoxe celebramos o Entroido no centro. Foi unha xornada de alegría, festa,  baile e moito colorido. 

Aquí podedes ver algunhas das imaxes deste día, nos blogues das distintas aulas atoparedes máis.

Baixo a coordinación de Juan elaboramos unha " chirigota" que serviu de banda sonora desta xornada. Aquí podedes escoitala.

Vídeo deste día de festa.

Entroido: Mandados do Meco

Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.

              

 

Día da Paz: Árbores pola Paz

Na celebración do Día da Paz cada clase colaborou na plantación dunha árbore nunha maceta situada no patio da nosa escola. Cada árbore estaba asociado cun valor, entre todos e todas coidarémolos para que crezan e sexan unha guía do mundo que queremos construír.

Imaxes

 Vídeo 

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2021-2022: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Segundo se contempla na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A).

No caso de cumprimentar a reserva a través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  poderán imprimir a solicitude para entregala posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

Nadal no CEIP Sada y sus Contornos

Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, unha deliciosa chocolatada e finalmente compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas.

Nestes días fixemos unha recollida solidaria de alimentos na que, unha vez máis, toda a comunidade educativa contribuíu activamente. Cáritas e Cruz Vermella (organizacións beneficiarias da mesma) trasladaron o seu agradecemento a todas as persoas que participaron nesta iniciativa.

No remate deste ano tan especial, o claustro de mestres/as, o persoal, a dirección do centro e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas, queren transmitir a todas as familias o desexo dunhas felices festas e Aninovo 2021.

PARA ESCOITAR AS BADALADAS NO TARABELO NAS ONDAS CLICA AQUÍ

Clica na imaxe para ver as fotos

Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.

Convenio de colaboración entre o Concello  de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2020.

Durante o ano 2020, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.

O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no centro realizamos diferentes actividades co obxectivo de informar e concienciar  sobre a realidade e necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar os beneficios  que derivan da súa integración en todos os ámbitos da sociedade. A diversidade é a nosa riqueza!

Clica nas imaxes para ver os carteis do mural realizado e escoitar un programa especial do Tarabelo nas Ondas.

  

 

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO. LISTAXES DEFINITIVAS

Mañá, venres 4 de decembro, publicaranse no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as para o reparto de máscaras entre o alumnado. 

Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido.

Unha vez publicados os beneficiarios/as, o centro procedeu á adquisición das máscaras. Cando estas cheguen ao centro, comunicarase o procedemento para o reparto das mesmas.

Distribuir contido