INICIO DO CURSO 2021 2022
Enviado por admin o Xov, 02/09/2021 - 17:11As clases inicianse o xoves 9 de setembro.
Organización nas entradas (aplicable durante todo o curso):
- 6º, 4º e 2º de Educación Primaria: 08:50 horas.
- 5º, 3º e 1º de Educación Primaria: 09:00 horas.
- Educación Infantil: 09:10 horas.
Distribución horaria das saídas do alumnado (aplicable durante todo o curso):
- Educación Infantil: 13:30 horas.
- 2º Educación Primaria: 13:40 horas.
- 1º Educación Primaria: 13:45 horas.
- 3º e 5º de Educación Primaria: 13:50 horas.
- 4º e 6º de Educación Primaria: 14:00 horas.
Nos seguintes enlaces dispoñen dun resumo das cuestións máis relevantes a ter en conta neste inicio de curso:
1º Educación Primaria 2º Educación Primaria 3º Educación Primaria
4º Educación Primaria 5º Educación Primaria 6º Educación Primaria
Ese mesmo día, o xoves 9 de setembro, tamén está previsto que empece a funcionar o servizo de comedor escolar e madrugadores. Horarios de recollida do alumnado:
- Educación infantil: 15:00 horas.
- Educación Primaria: 15:15 horas.
O luns, 6 de setembro, están convocadas as seguintes reunións:
- Ás 11:30 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
- Ás 17:00 horas coas familias do alumnado de 2º de Educación Primaria.
Horario de secretaría:
- Ata o comezo das clases: De luns a venres de 9 a 10:00 horas (previa cita).
- A partir do 9 de setembro: De 09:55 a 10:35 horas (previa cita).
Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2021 2022. No blogue do departamento de orientación dispoñen de toda a información.
COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: RESOLUCIÓN PROVISIONAL
Enviado por admin o Ven, 27/08/2021 - 13:10O Concello de Sada publicou no día de hoxe na súa páxina web https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares a seguinte información relacionada co comedor escolar e o servizo de madrugadores para o curso 2021 2022:
- SOLICITUDES ADMITIDAS COMEDOR ESCOLAR CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- LISTA DE AGARDA DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- SOLICITUDES PROVISIONAIS SERVIZO DE MADRUGADORES CEIP SADA Y SUS CONTORNOS
- SOLICITUDES DE COMEDOR ESCOLAR DO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS PENDENTES DE SUBSANACIÓN
Para achegar a documentación, soliciten a través do teléfono do Concello (981620075- ext.200) ou ben a través do correo electrónico: citaprevia@sada.gal, cita para rexistro para anexar a documentación que se require á solicitude feita previamente. O prazo remata o día 03 de setembro de 2021. Calquera dúbida ou aclaración poden consultala a través do correo: sadaeduca@gmail.com
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021 2022
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 10:48Comeza o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2021-2022, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.
Este ano tamén ofértase o servizo de madrugadores, que en función da demanda e das posibilidades organizativas do centro levarase a cabo.
O prazo de entrega de solicitudes e da documentación requerida comeza o luns 05 de xullo do 2021 e remata o venres 23 de xullo de 2021. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa (Teléfono 981620075), sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal.
No caso de que existise maior demanda que prazas ofertadas, unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos abrirase un prazo de reclamación de cinco días naturais. Transcorridos os mesmos e valoradas as alegacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2021/22.
Prezo máximo do menú comedor alumno x día = 3,50 €.
O prezo do servizo de comedor pode ser susceptible das distintas bonificacións ás que se poda optar por parte da unidade familiar.
Prezo do servizo de madrugadores:
- Sen almorzo alumno x día = 1,40 (modalidade usuario esporádico 2€).
- Con almorzo alumno x día = 2,35 (modalidade usuario esporádico 3€).
O prezo do servizo de madrugadores non conta con bonificacións.
Enlace á páxina web do Concello de Sada coa información
RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS 2021-2022. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 09:27Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2021-2022.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 6 de maio de 2021, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
A listaxe definitiva de admitidos/as mostra a relación de libros asignados por áreas.
BANCO DE LIBROS DA ANPA
Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de Primaria, a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.
A ANPA dispoñe de libros para todo o alumnado de 3º e 4º de EP, pero é preciso solicitalos no formulario. Só hai que mercar o Activity Book de Inglés.
*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria ao participar no proxecto E-Dixgal non empregará libros impresos. Só ten que mercar o Activity Book de Inglés.
Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.
Graduación 6º Educación Primaria
Enviado por admin o Mar, 29/06/2021 - 12:37O martes 22 de xuño celebramos a Graduación do alumnado que remata 6º curso de Educación Primaria. Foi un acto moi emotivo no que compartimos anécdotas, emocións e moitos recordos. Moita sorte para os rapaces e rapazas nesta nova etapa que agora comezan. Ata sempre!
O vídeo do acto estará dispoñible proximamente.
Imaxes do acto na Casa da Cultura
Vídeo homenaxe
Acto de Graduación
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 28/06/2021 - 08:26Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2021-2022.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 6 de maio de 2021,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días desde a publicación das listaxes.
IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.
Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.
Cando se publique a resolución definitiva, probablemente a finais desta semana, tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.
Reserva da Biosfera
Enviado por admin o Sáb, 26/06/2021 - 17:25Un ano máis o noso centro participou no Programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera” e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou diferentes actividades de diversas temáticas (Arte e Patrimonio, Cambio climático, Natureza e territorio...) que se ofertan no mesmo: taller de debuxo, charlas informativas, intervencións de voluntariado na nosa contorna próxima... Aquí tedes os enlaces aos blogs de aula coas actividades realizadas:
5º de Educación Primaria
- Programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera”: Debuxando a Natureza Exposición "Ilustrando natureza"
- Actividade no CIEC do Programa Educativo da Reserva da Biosfera Visita ao CIEC
- Muíños de auga. Charla informativa para preparar a Ruta a Moa e o Pan (suspendida pola adversa climatóloxía).
6º de Educación Primaria
- O problema da contaminación por plásticos. Charla informátiva
- O problema da contaminación por plásticos. Saída de voluntariado
- Visita guiada a un recurso da Reserva da Biosfera: Sobrado dos Monxes.
Fin de curso
Enviado por admin o Mér, 23/06/2021 - 13:24Letras letriñas 2020 2021
Enviado por admin o Mér, 16/06/2021 - 07:28LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 15/06/2021 - 08:44O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non mercará ningún libro de texto, salvo o de inglés, ata que o titor/a encargado/a de impartir docencia neste curso traslade ás familias no mes de setembro a listaxe de materiais a empregar.
5º e 6º de Educación Primaria. O centro forma parte do proxecto E-dixgal. Isto supón que o alumnado empregará libros dixitais e só mercará o material complementario de Inglés.
4º de Educación Primaria. As familias ás que non lles concedan o Fondo Libros non precisarán mercar ningún libro, excepto o complementario de Inglés. A ANPA dispoñe de libros suficientes para proporcionar ás familias que os soliciten.
Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2021-2022.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »