Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

HOXE CUMPLO 4 ANIÑOS!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> cumple Nora, Gaia e Ramatoulaye

Parabéns rapazas!

Foi un gran aniversario. O pasamos xenial e comimos moitísima tarta.

Sorriso

CHEIRA A BISCOITO, CHEIRA A SAMAÍN

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Biscoito samain

Xa estamos moi metidos cos preparativos da festa do Samaín e comezamos a facer moitas cousas relacionadas co medo e as cabazas.

E como os nenos e nenas de 4 anos son tan larpeiros, ocorréusenos facer un rico biscoito de cabaza.

Como bos cociñeiros, primeiro lavamos as mans, despois revisamos a receita, colocamos os utensilios de cociña, os ingredientes necesarios... E mans a obra!

Cando o rematamos só quedou metelo no forno e agardar un pouquiño para poder comelo.

Rico tiña que estar porque non quedou nada!

Podedes facelo na casa, xa tendes a receita Risa

COLLEITA E DEGUSTACIÓN DAS UVAS DO COLE

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Uvas de outono no cole 4º

Como chegou o outono e estamos coñecendo as froitas de esta estación, fomos recoller e probar as uvas do noso cole. Estaban boísimas e cremos que xa non queda ningunha na parra. Canso

QUE RICO ESTÁS, OUTONO!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Petiscos de outono 5º

Esta nova estación ven cargada de cousas moi ricas e nós as aprendemos como mellor sabemos: coméndoas, cheirando, tocando e escoitando.

Estes días temos na aula un montón de froitos carnosos e secos do outono, e pouquiño a pouquiño as descubrimos. Unhas eran coñecidas, pero outras foron todo un rico descubrimento.

Probamos cousas coma granada, caqui, kiwi, mazás das tres cores que semellaban un semáforo...Pero tamén froitos secos, entre eles, pistachos, avelás, castañas que asamos no forno, noces e améndoas.

Somos unha clase de pequenos lambóns Canso

Distribuir contido


by Dr. Radut