Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

DÚAS SEMANAS MOI FRUTÍFERAS

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Semana da froita

A valoración destas dúas semanas de froita na escola foi sen dúbida moi positiva!

Os nenos comeron moitísima. Xa pola mañán preguntaban que froita tocaba hoxe...Foi tal o interese que aproveitamos para facer un obradoiro de froitas e facer os nosos propios batidos.

Estes pequenos chefs prepararon:

Batido de plátano e amorodos como entrante, batido de mandarina e plátano como primeiro prato, e batido de amorodo para o segundo. E de sobremesa...anaquiños de pera.

É posible que durante estes días non chegaran con moita fame á casa Canso

 

SAÍDA Á PRAZA DE MARÍA PITA

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Saída a María Pita

O pasado xoves 19, os nenos e nenas de Educación Infantil realizamos unha saída á praza de María Pita. Alí contáronnos moitas cousas da nosa heroína e descubrimos, mediante distintos xogos, como conseguiu defender a cidade de A Coruña do ataque das tropas inglesas lideradas polo corsario Francis Drake.

IMOS DE CONCERTO

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Concerto pazo da ópera

O noso primeiro concerto foi todo un éxito.

Os nenos/as portáronse moi ben, estaban moi atentos co espectáculo. Unha obra do pequeno circo ambulante moi divertido e entretido, ata o profe Ramón quixo formar parte da obra como domador de pulgas...

Pronto volveremos

NA PROCURA DOS OVOS DE CHOCOLATE

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Ovos de chocolate

O último día antes das merecidas vacacións, estivemos cun xogo moi rico... Estivemos xogando a atopar ovos de chocolate que a profe agochou por toda a clase.

Pasámolo xenial, e aquí tendes a proba.

Canso

Distribuir contido


by Dr. Radut