Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

MUSEO DAS ESTRELAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Museo das Estrelas 5º

Queridas familias hoxe inauguramos na aula un novo recuncho moi especial: Un MUSEO!

Somos moi artistas nesta clase e todas as nosas obras de arte as temos que expoñer nalgún sitio...

O primeiro foi elixir o nome do noso museo, foron moitas as propostas, mirade que nomes propuxeron os rapaces:

Ramatoulaye: Museo das árbores

Alejandra Y: Museo das ciencias

Frailenny: Museo das persoas

Alejandra I: Museo dos experimentos

Ainhoa: Museo dos libros

Nora: Museo do corazón

Wiam: Museo das fadas

Álex e Fatou: Museo dos triángulos

Braylin: Museo do círculo

Gaia: Museo das estrelas

Carmen: Museo do parque

Maia: Museo da lúa

Goodnews: Museo do pallaso

Despois de 3 votacións a opción gañadora foi: MUSEO DAS ESTRELAS

E a nosa primeira exposición vai adicada a un artista que facía retratos de perfil empregando os froitos tan ricos de cada estación, Giuseppe Arcimboldo

Agardo que o disfrutedes tanto coma nós. E tranquilos que pronto mudaremos a exposición e os rapaces levaran a obra para casa.Canso

BENVIDO OUTONO

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Benvido outono

Pois definitivamente temos que ir gardando as cousas da praia ata o ano que vén...

O outono xa se está facendo notar e na clase de 4 anos sabémolo e puxémonos mans á obra.

Isto é só un adianto!

Este outono vai dar moitas experiencias que vos ensinaremos por aquí Guiño

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO COLE POR PRIMEIRA VEZ

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Primeira visita á biblio de 4º

A xentiña de 3 anos está a coñecer, pouco a pouco, todo o que temos no colexio. Hoxe tocoulles visitar un espazo moi importante: a biblioteca. Estiveron a ver o que hai alí e, o máis interesante, coñeceron un novo amigo que vive alí: Herculino. Que non sabedes quen é? Ide ao Rakonto Pequeno para descubrilo.

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Saída ao Aquarium Finisterrae 6º

A primeira saída que fixemos os/as nenos/as de 6º de Infantil neste curso, foi ao Aquarium Finisterrae. Alí puidemos ver moitos peixes de diversas cores, formas e tamaños. Baixamos á sala Nautilus onde habia unha gran cantidade de peixes e un tiburón chamado Gastón, que nos deixou abraiados/as polo seu gran tamaño. Tras repoñer forzas fomos ver as focas; eran moi graciosas e tivemos a gran sorte de ver como lles daban de comer os seus coidadores! Que día tan divertido pasamos!

Aquí vos deixamos unhas fotos do que foi esta saída.

Distribuir contido


by Dr. Radut