Skip to Content

Prom. 2013

OS XOGOS DA RECICLAXE

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Os xogos da reciclaxe

Hoxe, nas clases de Educación Física, o alumnado de 4º de primaria recibimos a visita dalgúns alumnos e alumnas do colexio Aspronaga que nos amosaron xogos feitos con material reciclado. Xogamos en pequenos grupos podendo coñecernos uns aos outros. Despois, os alumnos e alumnas de 4º, ensinámoslles a xogar a "Paloma blanca paloma negra" e xogamos todos xuntos! 

Grazas rapaces e rapazas de Aspronaga pola vosa visita.
Pasámolo moi ben, e esperamos volver vervos!

FIXEMOS MACEDONIA NA CLASE!

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Macedonia de froitas de 5ºB

Aproveitando que fomos ao mercado de As Conchiñas, realizamos unha compra na froitería para facer unha macedonia na clase. Ao día seguinte, distribuímos, lavamos e cortamos as froitas entre todos. Despois mesturamos todo e... a comer! Estaba riquísima! Tanto que moitos repetimos!

SAÍDA Á PRAZA DE MARÍA PITA

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Saída a María Pita

O pasado xoves 19, os nenos e nenas de Educación Infantil realizamos unha saída á praza de María Pita. Alí contáronnos moitas cousas da nosa heroína e descubrimos, mediante distintos xogos, como conseguiu defender a cidade de A Coruña do ataque das tropas inglesas lideradas polo corsario Francis Drake.

Distribuir contido


by Dr. Radut