Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

SAÍDA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Saída á Fundación M.J. Jove 4º

Os nenos e nenas de 3 anos fomos ao Museo coñecer unha personaxe especial. Chámase "Punto Vermello".

A súa casa é este museo da Fundación María José Jove e alí ten aos seus amigos e amigas, o seu columpio e a súa amiga especial Sara. Para durmir conta cun lugar moi especial: a súa "Casa da Árbore", probámola e descánsase xenial nela.

Animámosvos a que descubrades ese lugar se non o coñecedes, Patricia é encantadora e contaravos as historias do museo dun xeito moi divertido.

DÍA DA PAZ EN 4 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Día Escolar da Paz en 5º

O 30 de Xaneiro festexamos o día da PAZ. E o fixemos de xeito moi divertido, cunha gran cadea humana e cantando e bailando unha canción que fala da esperanza.

Moitas grazas a todos por participar!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Día da paz 6ºB Educ. Infantil

Hoxe celebramos o día da Paz no cole. Xa levamos uns días falando dela e do que significa para cada un dos nenos/as; así que, aproveitando a gran variedade de respostas, decidimos facer unha botella cunha mensaxe da paz. Para isto, cada un/unha decorou a súa botella e escribiu nunha tarxeta o que era a paz para eles/elas: alegría, compartir, dar bicos, ser amigos... e moitas cousas máis.

Despois, pegamos a nosa mensaxe na botella e puxémola na porta para compartila cos demais. Así que, si queredes saber a mensaxe de paz de cada un dos nenos/as, teredes que pasar pola nosa clase e comprobalo Sorriso

 Para rematar este gran día, participamos xunto co resto dos nenos/as do cole na cadea humana pola paz! 

PARABÉNS, AINHOA!

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Cumpre Ainhoa 5º

Outro aniversario máis na clase. En xaneiro cumpren moitos dos nosos nenos e nenas e nesta ocasión tocoulle a Ainhoa. Para festexalo como se merece, preparou un biscoito riquísimo de limón ca axuda da súa irmá Yaiza.

Moitísimas grazas, rapazas. Estaba moi bo. De feito, non quedou nin un anaco.

PARABÉNS Ainhoa polos teus 5 aniños.

Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut