Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

PARABÉNS FAMILIAS

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Familia

Hoxe 15 de maio é o día da familia. Así que toca celebralo dende o corazón.

 

CHEGOU O MAIO A 4ºB

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Maios

Benvido Maio!

Chegas cargado de cores e moita ledicia, e como non, todos quixemos participar na decoración da árbore do maio. Quedounos espectacular. Parabéns para todos.

EXPLORAMOS O PARQUE DE SANTA MARGARIDA

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Excursión Santa Margarita 4º A e B

Outra vez saímos de excursión os nenos de 3 anos, pero nesta ocasión tocounos explorar o parque se Santa Margarita. Dividímosnos en dous grupos e fixemos actividades para coñecer mellor o parque, como recoller o lixo e metelo no contedor correspondente, observar como medran as margaridas, ver actividades que podemos facer dependendo da estación do ano, recoller paus e follas, etc

 

DÚAS SEMANAS MOI FRUTÍFERAS

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Semana da froita

A valoración destas dúas semanas de froita na escola foi sen dúbida moi positiva!

Os nenos comeron moitísima. Xa pola mañán preguntaban que froita tocaba hoxe...Foi tal o interese que aproveitamos para facer un obradoiro de froitas e facer os nosos propios batidos.

Estes pequenos chefs prepararon:

Batido de plátano e amorodos como entrante, batido de mandarina e plátano como primeiro prato, e batido de amorodo para o segundo. E de sobremesa...anaquiños de pera.

É posible que durante estes días non chegaran con moita fame á casa Canso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut