Skip to Content

CHEIRA A BISCOITO, CHEIRA A SAMAÍN

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Biscoito samain

Xa estamos moi metidos cos preparativos da festa do Samaín e comezamos a facer moitas cousas relacionadas co medo e as cabazas.

E como os nenos e nenas de 4 anos son tan larpeiros, ocorréusenos facer un rico biscoito de cabaza.

Como bos cociñeiros, primeiro lavamos as mans, despois revisamos a receita, colocamos os utensilios de cociña, os ingredientes necesarios... E mans a obra!

Cando o rematamos só quedou metelo no forno e agardar un pouquiño para poder comelo.

Rico tiña que estar porque non quedou nada!

Podedes facelo na casa, xa tendes a receita Risa



album | by Dr. Radut