QUE RICO ESTÁS, OUTONO!
Esta nova estación ven cargada de cousas moi ricas e nós as aprendemos como mellor sabemos: coméndoas, cheirando, tocando e escoitando.
Estes días temos na aula un montón de froitos carnosos e secos do outono, e pouquiño a pouquiño as descubrimos. Unhas eran coñecidas, pero outras foron todo un rico descubrimento.
Probamos cousas coma granada, caqui, kiwi, mazás das tres cores que semellaban un semáforo...Pero tamén froitos secos, entre eles, pistachos, avelás, castañas que asamos no forno, noces e améndoas.
Somos unha clase de pequenos lambóns