Skip to Content

4 anos

TRABALLOS CASEIROS CONFINADOS (5º EI)

Non cremos que haxa ninguén que, a estas alturas, dubide do moito que está a currar Sergio (enriba). Nin tampouco Ivo (embaixo).

TRABALLOS CASEIROS CONFINADOS (5º EI)

Noa desenvolve o seu lado máis intelectual afondando na figura do profesor Carvalho Calero.

TRABALLOS CASEIROS CONFINADOS (5º EI)

A xentiña de 4 anos estanos a mandar os seus traballos ao correo das titoras:

Fíxate nas tarefas que lle están poñendo na casa a Eva e mira que ben as fai. Que grande!

Damaris tampouco para neste confinamento. A de cousas que está a facer. Bravo!

Ivo está traballando arreo. Que non o crees? Mira, mira.

Fabio quixo saber máis do coronavirus e da primavera que, aínda que pareza que non, xa chegou.

Sergio estivo traballando cos materiais de Carvalho Calero. Hai que ver o ben que usa a tesoira!

Daniela e Noelia estanse esforzando moito e, man a man, van creando marabillas.

ANIVERSARIOS DESDE A CASA

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Aniversario de Sergio

Amiguiños, a vida segue o seu curso neste confinamento e tamén toca cumprir aniños. Desta vez foi Sergio e nada máis empezar este estado, tocáralle a Natalia.

Parabéns para os dous!!

A Sergio felicitouno a Policía Local, desde a fiestra claro, e tamén todos os compis da clase cunha foto que tiñamos para a ocasión. E quere darvos as grazas a todos. 

A cumprir moitos máis e desexamos poder celebralo todos xuntos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut