Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Frida na clase de 5º
O pasado 8 de marzo e os días previos estivemos vendo un libro sobre mulleres importantes:
Vale, no libro aparecen unha maioría de mulleres estadounidenses, pero tamén as hai doutros países. Cando lemos a súa historia, interesounos moito a vida da mexicana Frida Kahlo. E, por iso, non nos quixemos quedar só na celebración do día 8 e estivemos a ver un libro coas súas obras:
De todos os cadros que amosaba o libro, vimos un que nos chamou a atención porque nel Frida Kahlo sangraba por culpa dun colar de espiñas que colgaba do seu pescozo. E decidimos tratar de reproducilo ao noso xeito.
Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Coidando os bancais 4 anos
Estamos en inverno e toca coidar os nosos bancais para plantar amorodos e, de paso, coidar o noso ambiente botando o lixo orgánico no noso composteiro.
Chegaban as chuvias de outono e había un libro que lembraba moito a iso: aos días de chuvia. Teñámolo claro, o libro é unha tolemia de principio a fin: o gato está realmente louco. Pero hai personaxes que nos podían achegar un chisco de sentido común. Esa é a misión do peixe na teteira.
Fronte as trasnadas (divertidas moitas veces, iso si) do gato e dos outros dous fedellos (Cosa 1 e Cosa 2), o único que trata de poñer algo de orde é o peixe. Este personaxe estanos a axudar a diferenciar:
o correcto (o que se pode facer na clase: normas) e o incorrecto;
o que é bo para todos/as e o que é malo;
o que nos fai crear un ambiente agradable e o que non.
Fomos falando de todos e cada un dos personaxes, escribimos os seus nomes estampándoos e pegándoos, aprendemos o que era unha acuarela para pintar a auga do acuario, gravamos un vídeo de booktubers para recomendalo, etc. En definitiva, fomos máis alá da simple lectura, porque o que agocha un libro ás veces só se descobre compartíndoo cos/coas demais.