Skip to Content

4 anos

FRIDA KAHLO NA CLASE

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Frida na clase de 5º

O pasado 8 de marzo e os días previos estivemos vendo un libro sobre mulleres importantes:

Vale, no libro aparecen unha maioría de mulleres estadounidenses, pero tamén as hai doutros países. Cando lemos a súa historia, interesounos moito a vida da mexicana Frida Kahlo. E, por iso, non nos quixemos quedar só na celebración do día 8 e estivemos a ver un libro coas súas obras:

De todos os cadros que amosaba o libro, vimos un que nos chamou a atención porque nel Frida Kahlo sangraba por culpa dun colar de espiñas que colgaba do seu pescozo. E decidimos tratar de reproducilo ao noso xeito.

 

Queriamos saber por que sufría Frida Kahlo. 

COIDANDO OS NOSOS BANCAIS PARA OS AMORODOS (4 ANOS)

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Coidando os bancais 4 anos

Estamos en inverno e toca coidar os nosos bancais para plantar amorodos e, de paso, coidar o noso ambiente botando o lixo orgánico no noso composteiro.

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Lembras que en novembro che dixemos que, durante uns días, todo o alumnado tería 4 anos e que esa harmonía se ía romper en xaneiro? Pois xaneiro xa está rematando e xa temos algúns nenos na clase que suman 5 castañas.

Parabéns!

"EL GATO ENSOMBRERADO" VISITA A NOSA CLASE

Chegaban as chuvias de outono e había un libro que lembraba moito a iso: aos días de chuvia. Teñámolo claro, o libro é unha tolemia de principio a fin: o gato está realmente louco. Pero hai personaxes que nos podían achegar un chisco de sentido común. Esa é a misión do peixe na teteira.

Fronte as trasnadas (divertidas moitas veces, iso si) do gato e dos outros dous fedellos (Cosa 1 e Cosa 2), o único que trata de poñer algo de orde é o peixe. Este personaxe estanos a axudar a diferenciar:

  • o correcto (o que se pode facer na clase: normas) e o incorrecto;
  • o que é bo para todos/as e o que é malo;
  • o que nos fai crear un ambiente agradable e o que non.

Fomos falando de todos e cada un dos personaxes, escribimos os seus nomes estampándoos e pegándoos, aprendemos o que era unha acuarela para pintar a auga do acuario, gravamos un vídeo de booktubers para recomendalo, etc. En definitiva, fomos máis alá da simple lectura, porque o que agocha un libro ás veces só se descobre compartíndoo cos/coas demais.

Distribuir contido


by Dr. Radut